mércores, 10 de febreiro de 2016

1890 - O Caciquismo en Galicia e Eugenio Montero Ríos


Arttigo relacionado

Arboredo do Pazo de Lourizán

Este fermoso e impresionante árboredo ten detrás del xa moitos anos de historia.  Dentro del temos o coñecido  Pazo de Lourizán , unha casa señorial situada no lugar de Herbalonga da parroquia de Santo André de Lourizán do concello de Pontevedra.
No século XV este predio foi habilitado como "granxa" e desta época conserva o pombal ameado de planta circular.
Hoxe este árboredo é considerado un dos máis grandes de Europa.
No século XIX, o pazo,  pertenceu a Buenaventura Marcó del Pont, despois de que llo mercase aos herdeiros de Francisco Genaro Ángel, irmán da súa muller. Foise logo adaptando aos tempos e converteuse en casa residencial e lugar de veraneo, cando residiu nela Eugenio Montero Ríos. Coñecido este,  como un dos representantes máis importantes do sistema caciquel daquela época, onde os votos se mercaban con favores. 
A Deputación de Pontevedra adquiriuno a comezos da década de 1940, comprándollo á Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra e (unha quinta parte) á marquesa viúva de Alhucema. En 1943 cedeullo ao Ministerio de Educación para o seu uso como Centro Rexional de Ensinanzas, Investigacións e Experiencias Forestais; en  1946 converteuse en Escola Técnica Superior de Montes. 
Actualmente está integrado na estrutura do Centro de Desenvolvemento Sustentábel da Consellería de Medio Ambiente. O Centro de Investigacións Ambientais e Forestais de Lourizán ten por obxectivos principais a protección, conservación e mellora do patrimonio forestal de Galiza.

O pazo conta consta de  54 hectáreas de xardín, leira e arboredo, que mostran os distintos usos aos que se dedicou durante os séculos: granxa, xardín señorial e centro de investigacións forestais.
Medran nel numerosas árbores autóctonas como carballos, castiñeiros e bidueiros, pradairos e foráneas, como ciprestes, araucarias, cedros, magnolias ou alfaneiros, moitas delas traídas por xardineiros franceses. Varias destas árbores aparecen no Catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galiza. A Metasequia foi candidata a ser árbol europeo do 2015. 
Decórase con hórreos, un pombal, un invernadoiro de vidro de estrutura férrea, unha mesa de granito dunha peza ( extraída dun penedo da Illa de Tambo, estatuas de mármore branco etc., e varias fontes, como a da Cuncha, a dos Tres Canos, a do Patio e a da Gruta dos Espellos. Organízase en avenidas, a das Camelias, a dos Eucaliptos e a da Gruta dos Espellos.
A fonte da Cuncha  mandouna traer Eugenio Montero Ríos do Caribe.

Na mesa de pedra, de 6 metros de lonxitude
e dunha soa peza, tomáronse decisións políticas importantes, facendo axiña  que o palacio fora un lugar de encontro de xornalistas, intelectuais e artistas. Montero Ríos asumiu varias granxas máis e foi el que construíu o gran portón de ferro arredor do complexo. Daquela, Montero Ríos, chamou este parque, "Parque das Rías ". É por iso que os veciños coñecen  este conxunto como A Granxa de
Montero Ríos. Montero Ríos mandou contruir tamen  a igrexa de Os Praceres en 1888, onde  están enterrados el e a súa dona. Mandou construir "O Pavillón dos Hóspedes" en Praceres,  que despois se convertiría no  "Gran Hotel de Baños de Mar" . Sendo  hoxe a Colexio  Sagrado Corazón de Xesús, ou comunmente chamado o Colexio das Monxas.

Alejandro Rodríguez-Sesmero González


Este ano  2013 celébrouse o centenario do finamento de Alejandro Rodríguez-Sesmero González, o arquitecto que modernizou Pontevedra a finais do século XIX, durante os primeiros anos da Restauración. 

De ahí que o Concello de Pontevedra, nese curso, e neste primeiro trimestre,  desenrola o "Roteiro Sesmero", no cal imos  participar o alumnado do terceiro ciclo os días luns 28 de outubro, 6ºA e 5ºA, o  luns 4 de novembro, 6B e 6C, e o xoves 7 de novembro 5C e 5B. As tres saídas serán de 12:00 - 14:00 h. 

Adiantamos aquí unha pequena biografía deste importante persoeiro da cidade de Pontevedra:

Foi o brazo executor dunha sociedade e clase política da época que sacrificou os restos das murallas medievais en aras de proxectar unha cidade cosmopolita, con arquitectura ecléctica e afrancesada do mesmo xeito que as grandes urbes europeas onde se sentaban as bases para que a capital non fóra nunca máis cuestionada.

A don Alejandro Sesmero debémoslle, de 1880,  a antiga Avenida de Santa María  , o Palacete de Mendoza (o da foto), a actual Casa Consistorial, a  o deseño da Alameda (arriba na foto) e As Palmeiras, o Cemiterio Municipal de San Mauro, conxuntamente co seu pai o edificio da Deputación Provincial, a  Praza de Abastos, a reforma da capela da Virxe do Camiño e a actual Subdelegación de Defensa

O Concello fora construído sobre a Bastida Grande, unha das trorres da muralla, ó lado da "Porta da Vila", que tamén se chamou do Arrabal e de Santo Domingo. (ver mapa completo). Hoxe está porta é a entrada (porque foi trasladada)  do que foi durante moito tempo Facenda, preto da igrexa de San Francisco.

A problemática dos cemiterios urbanos (Alhóndiga, Sagasta ...) solucionouno  levando todos para San Mauro.

Tamén construíu os depósitos en San Mauro para a traída de augas na cidade, colocando así mesmo en varias rúas as soadas fontes de ferro fundido (a da foto). E prácticamente executou toda a expansión urbana de finais de século XIX deseñando e aliñando os viais cara a Ourense, Marín, Vigo e as rúas García Camba, Riestra, Sagasta, Andrés Muruais, Andrés Mellado ou Fernández Villaverde.

Alejandro Rodríguez-Sesmero González era fillo de Domingo Esteban Rodríguez Sesmero (Medina do Campo) do que tomou vocación e profesión. Pola súa participación conxunta en varios proxectos e utilización dunha arquitectura moi identificativa, a poboación comezou a referirse  a eles como “Os Sesmeros”, devindo o seu uso popular en Sesmeros.

Seu pai, Domingo Sesmero chegou a Galicia escapando dun conflito pola validez do seu título de arquitecto expedido na Real Academia de Matemáticas e Nobres Artes da Purísima Concepción de Valladolid no que se argumentaba que non pasara pola recente Escola de Arquitectura creada en 1844. Aínda que ao final lle foi recoñecida a súa validez, o seu prestixio naquelas datas quedara en entre dito,  polo que decidiu emigrar a Galicia, alcanzando o posto de arquitecto municipal na cidade de Vigo en 1871. Desempeño no que continuou ata 1886 en diferentes etapas debido a unha enfermidade  e onde lle axuda o seu fillo Alejandro Sesmero. Trasládase a vivir á Coruña desde onde continua realizando proxectos nas cidades de Santiago, Vigo, Pontevedra (a igrexa de San Andrés en Praceres), Cotobade, Caldas de Reis ou Tui.

O seu fillo Alejandro  obtivo o título de arquitecto na Escola Especial de Arquitectura de Madrid, nun momento en que aparelladores e arquitectos dirimían sobre as competencias duns e outros e ao que –como se fora unha maldición familiar- sucedéralle algo similar ó seu pai, como  se verá  máis adiante.

Alejandro, ante a primeira ausencia do seu pai no seu posto de traballo debido á mencionada enfermidade, pasou a ocupar o posto de Arquitecto interino de Vigo desde maio de 1875 ata xullo de 1876, momento no que o arquitecto titular de Pontevedra, Justino Flórez LLamas pasa a ocupar definitivamente o de Vigo deixando vacante o seu equivalente en Pontevedra

Como dun cambio de cromos se tratase Alejandro veu a Pontevedra tamén de interino e asinou durante once esplendorosos anos como Director Facultativo de Obras Municipais de Pontevedra, momento no cal unha parte da Corporación Municipal quere premialo co posto definitivo en agradecemento a tan bela reforma emprendida en todos e cada un dos seus proxectos. Pero unha parte da corporación mostra a súa oposición ao entender que está en posesión do título de Mestre de Obras e non de Arquitecto e que aínda que pode asinar para particulares, non así proxectos de obras oficiais, de uso público ou financiadas con fondos públicos, podendo aparecer, pola contra, como aparellador ou auxiliar dun arquitecto, salvo que non houbese arquitectos titulados en expectativa de ocupar a praza.

Para sorpresa de todos don Alejandro, ferido no seu orgullo, presenta a dimisión do seu cargo municipal á vez que solicita a legalización do seu título ante a Dirección Xeral de Instrución Pública, conseguíndoo ao mes seguinte. Restituído o seu prestixio e honor e por causas que se descoñece, abandona a muller e fillos e emigra a Arxentina onde o Goberno o nomea profesor na cátedra "Arquitectura e Debuxo Arquitectónico" da Facultade de Ciencias Físico-Matemática da Universidade Nacional de Córdoba, compaxinando a súa actividade docente coa realización de importantes obras. Falece o 22 de Outubro de 1913 na cidade de Córdoba.

Oficialmente a Alameda leva o nome de Arquitecto Sesmero. Logo tamén, na súa homenaxe , ten nome de rúa Alejandro Sesmero, a  que se extende dende a Avenida da Coruña ata a Santiña, e discurre paralela a Manuel Murguía  (preto de Pasarón). No plano estaría en D2


Información sacada basicamente de Cesar Abal, do blogue Pontevedra Viva. e de Pepi González Clavijo de "Las calles de Pontevedra".

Artigo relacionado:

Cambios importantes en Pontevedra de 1870 - 1900


Carlos Gómez-Reino Carnota


martes, 9 de febreiro de 2016

Isidro Parga Pondal - Autor do 1º libro científico en Galego

Isidro Parga Pondal,  autor do 1º libro científico en Galego .

Máis na wikipedia

A Moda Ideal - Incendio

Locais con solera de Pontevedra cidade


Co incendio do pasado luns 1 de febreiro  de 2016 , non só se  perdeu un edificio. Unha parte da historia pontevedresa morría coa Moda Ideal, que desde 1896 fornecera de teas e vestimenta a todo o que cruzase as súas portas. Os veciños de Pontevedra deron boa conta diso nas súas conversacións estes días e non poucos se puxeron a nomear e lembrar outros locais de corte similar, deses que consideramos emblemas da zona monumental, que acolleron xeracións de clientes e traballadores, e que se gañaron con suor formar parte da vida pontevedresa.


A rúa Real conta con tres establecementos únicos no seu xénero. A tenda de ultramarinos O Cisne leva desde 1941 servindo produtos a granel de alta calidade. «Chámame Santi», reza o cartón que colga do mandil do seu encargado. Unha mostra de proximidade a primeira vista. Presume de vender o que a el lle gusta e considera que cumpre sobradamente coa calidade esperada. O mellor para o cliente. É a terceira xeración dos Pérez que se pon tras o mostrador.

A ferraxería Galega atópase uns metros máis abaixo. Centos de pequenos caixóns poboan as súas paredes. De memoria, os seus traballadores atopan o que se desexe aínda que o cliente só teña unha mera idea do que busca, unha breve descrición. Non hai truco, son anos de experiencia, case setenta. Xusto ao seu lado, case parede con parede, colgan da porta cestas de vimbia. O traballo artesán e tradicional asume o papel protagonista en Cestigar e os seus máis de tres décadas de historia.

A madeira e a pedra son o fío condutor que une todos estes establecementos. Historia viva que impregna as paredes con anécdotas de clientes e traballadores. A farmacia de José Luís Domínguez Gómez, quizais máis coñecida por ser a farmacia da praza dá Verdura, leva inalterable desde a súa apertura en 1872. Só  se puxo  un novo chan de madeira anos atrás. O rexente actual tomou as súas rendas fai un par de décadas e cambiou o seu nome. A súa vella placa , e o seu nome aínda visible, aínda a conserva; Enrique Eiras.

Na praza de Curros Enríquez, a Droguería Moderna segue sendo un dos puntos clave para os estudantes de Belas Artes. O tempo non pasou por ela e a súa clientela renóvase cada ano. Á súa beira, os locais foron cambiando, pero as súas portas permanecen inalterables, desde 1924, como un clásico pontevedrés.

Irmá da tenda calcinada esta semana, A Moda Dabaixo atópase de loito. En 1896 viu tamén a luz grazas ao esforzo dos irmáns García, un deles, bisavó da actual traballadora do establecemento. O incidente, foi un duro golpe para eles. Un negocio familiar que sempre se dedicou á venda de roupa interior de cabaleiro, boinas, paraugas, camisas, maletas, baúis, e, nos últimos tempos, de pequenas locomotoras e trens de xoguete.

Seis locais que inspiran, que saben de moito, pois, as súas paredes, escoitaron de todo.

O CISE: Os Ultramarinos de toda a vida. Un belo lugar de madeira, que continúa coa venda a granel de froitos secos e especias. A calidade, a proximidade e o trato, as súas especialidades. foto capotillo

FARMACIA DA PRAZA DA VERDURA: Máis dun século vendendo saúde. O seu busto e a súa báscula son os seus acenos de identidade. Desde 1876, a farmacia estivo aberta sen apenas sufrir ningún cambio na súa estética . foto capotillo

FERRAXERÍA A GALEGA: Unha peza para cada cliente. Raro é o pontevedrés que non acudiu a eles buscando esa peza que lle faltaba. Centos de caixóns gardan parafusos, manillas e, sen dúbida, historias. foto capotillo

A MODA DE ABAIXO: De loito, pero con forzas. Aberta o mesmo ano que a Moda Ideal, en 1896, mira ao horizonte con ganas de seguir vendo entrar pola porta a vellos e novos clientes.

DROGERÍA A MODERNA : Máis viva que nunca. Desde 1924 sitúase en Curros Enríquez, pasando de xeración en xeración. Un punto de referencia non só en Pontevedra, senón en toda a comarca. foto capotillo

CESTIGAR: O arte do tradicional. Os produtos de vimbia son un habitual da rúa Real. Alí, na porta de Cestigar, os cestos artesáns dan boa conta do que oferta o interior.

martes, 2 de febreiro de 2016

Con nome de muller - Rueiro de Pontevedra

Pontevedra ten 196 rúas con nome de home e apenas 20 con nome de muller. É dicir, hai 10 rúas que rinden homenaxe a homes por cada unha adicada a mulleres

Clica na imaxe para ver quen son.

Traballo feito por Teresa G. C. (6ºC) durante o curso 2015-16