mércores, 10 de febreiro de 2016

Arboredo do Pazo de Lourizán

Este fermoso e impresionante árboredo ten detrás del xa moitos anos de historia.  Dentro del temos o coñecido  Pazo de Lourizán , unha casa señorial situada no lugar de Herbalonga da parroquia de Santo André de Lourizán do concello de Pontevedra.
No século XV este predio foi habilitado como "granxa" e desta época conserva o pombal ameado de planta circular.
Hoxe este árboredo é considerado un dos máis grandes de Europa.
No século XIX, o pazo,  pertenceu a Buenaventura Marcó del Pont, despois de que llo mercase aos herdeiros de Francisco Genaro Ángel, irmán da súa muller. Foise logo adaptando aos tempos e converteuse en casa residencial e lugar de veraneo, cando residiu nela Eugenio Montero Ríos. Coñecido este,  como un dos representantes máis importantes do sistema caciquel daquela época, onde os votos se mercaban con favores. 
A Deputación de Pontevedra adquiriuno a comezos da década de 1940, comprándollo á Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra e (unha quinta parte) á marquesa viúva de Alhucema. En 1943 cedeullo ao Ministerio de Educación para o seu uso como Centro Rexional de Ensinanzas, Investigacións e Experiencias Forestais; en  1946 converteuse en Escola Técnica Superior de Montes. 
Actualmente está integrado na estrutura do Centro de Desenvolvemento Sustentábel da Consellería de Medio Ambiente. O Centro de Investigacións Ambientais e Forestais de Lourizán ten por obxectivos principais a protección, conservación e mellora do patrimonio forestal de Galiza.

O pazo conta consta de  54 hectáreas de xardín, leira e arboredo, que mostran os distintos usos aos que se dedicou durante os séculos: granxa, xardín señorial e centro de investigacións forestais.
Medran nel numerosas árbores autóctonas como carballos, castiñeiros e bidueiros, pradairos e foráneas, como ciprestes, araucarias, cedros, magnolias ou alfaneiros, moitas delas traídas por xardineiros franceses. Varias destas árbores aparecen no Catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galiza. A Metasequia foi candidata a ser árbol europeo do 2015. 
Decórase con hórreos, un pombal, un invernadoiro de vidro de estrutura férrea, unha mesa de granito dunha peza ( extraída dun penedo da Illa de Tambo, estatuas de mármore branco etc., e varias fontes, como a da Cuncha, a dos Tres Canos, a do Patio e a da Gruta dos Espellos. Organízase en avenidas, a das Camelias, a dos Eucaliptos e a da Gruta dos Espellos.
A fonte da Cuncha  mandouna traer Eugenio Montero Ríos do Caribe.

Na mesa de pedra, de 6 metros de lonxitude
e dunha soa peza, tomáronse decisións políticas importantes, facendo axiña  que o palacio fora un lugar de encontro de xornalistas, intelectuais e artistas. Montero Ríos asumiu varias granxas máis e foi el que construíu o gran portón de ferro arredor do complexo. Daquela, Montero Ríos, chamou este parque, "Parque das Rías ". É por iso que os veciños coñecen  este conxunto como A Granxa de
Montero Ríos. Montero Ríos mandou contruir tamen  a igrexa de Os Praceres en 1888, onde  están enterrados el e a súa dona. Mandou construir "O Pavillón dos Hóspedes" en Praceres,  que despois se convertiría no  "Gran Hotel de Baños de Mar" . Sendo  hoxe a Colexio  Sagrado Corazón de Xesús, ou comunmente chamado o Colexio das Monxas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario