martes, 24 de agosto de 2021

Historia do Loro Ravachol

Corría o ano 1880 cando o farmacéutico Perfecto Feijoo voltou de Madrid tras tres anos de prácticas, e decidiu adquirir a botica da rúa Peregrina. A rebotica convertiuse de seguido nun importante punto de tertulia, onde asistirían persoeiros coma Emilia Pardo Bazán, Eugenio Montero Ríos, Práxedes Mateo Sagasta, Pablo Iglesias,ou Miguel de Unamuno. Mantivo unha intensa actividade cultural, sobre todo no eido da música tradicional galega.

O loro Ravachol (bautizado co nome do anarquista francés Ravachol), mascota de Perfecto Feijoo, era moi apreciado na cidade polos seus afamados dialogos e expresións, non sempre correctas, pois era mal falado. Tiña unha chea de frases e expresións, algunhas coma ?se collo a vara?, ?aquí non se fía?, ?vaite de aí, lambón?.

A prensa pontevedresa do 27 de xaneiro de 1913 (en especial El Diario de Pontevedra e La Correspondencia Gallega) faise eco do falecemento o día anterior do loro Ravachol. A morte de tan ilustre persoeiro provoca na sociedade pontevedresa unha profunda sensación de pesar que, unida ao xúbilo propio do tempo carnavalesco, vivido na ciudad sen actos de relevancia, induce a honralo tal como se merecía, organizando un prolongado velorio, os primeros días na botica e despois no local da Sociedad Recreo de Artesanos, e un enterro por todo o alto. Finalmente foi soterrado nunha finca que o boticario tiña en Marcón.

É partir do ano 1985 cando se recupera a súa memoria, organizándose unha incineración da súa efixie para o venres da semana de Entroido. E o venres 19 de febreiro tocou chorar pola morte do loro de máis sona do noso país. Mañá de día de loito. Morreu o loro Ravachol. Choremos todos xuntos

domingo, 8 de agosto de 2021

Federico Cifuentes Pérez

Cando comezou a funcionar o  Colexio Nacional Campolongo (1973-74) estaba de inspector xefe D. Federico Cifuentes Pérez. Parece ser que tivo moito que ver no funcionamento dos  colexios "Centros Pilotos Experimentais" daquela época. En Pontevedra xunto co noso estaba tamén o de Mourente. A filosofía do ensino estivo a cargo da monxa tereana  Doña Mª Jesús Sánchez García, e basábase en parte nos principios pedagóxicos da Educación Personalizada que promovía Victor García de la Hoz.  Imos falar neste artigo deste famoso persoiro:

 Foi, entre outras cousa,  un político español.  (Ávila, 1931 - A Coruña, 2012). Os seus cargos foron:  Primeiro presidente da Deputación Provincial de Pontevedra en democracia, xefe da alta inspección do estado en Galicia, inspector de educación e mestre. Premio "Orde Diego de Losada" en primeira clase. Cruz do Mérito Militar con distintivo branco de Primeira Clase. Diploma da Escola Nacional de Administración Pública de Alcalá de Henares.

Naceu en Ávila en 1931, fillo de Federico e Mercedes, obtivo o título de mestre en Primaria no ano 1947. Cursou estudos de Filosofía e Letras na sección de Pedagoxía na Universidade Complutense de Madrid, promoción de 1956. Inicia a súa actividade profesional como profesor do colexio Santiago Apóstolo de 1957 a 1960. Ingresou por oposición no corpo de Inspección de ensino primario do Estado en 1963, sendo destinado á provincia de Pontevedra.

Contraeu matrimonio no ano 1963 con Mª do Rosario Cordeiro Solís, mestra de educación primaria. Foi secretario da inspección provincial de Pontevedra de 1964 a 1969. En 1969 foi nomeado Inspector Xefe do persoal provincial de Pontevedra, en cuxo cargo permaneceu ata 1976. Neste  mesmo ano foi nomeado director técnico da Cidade Infantil Príncipe Felipe, dependente da Deputación de Pontevedra.

Tomou parte nas eleccións municipais de 1979 polo partido político de Unión de Centro Democrático e o 26 de abril de leste mesmo ano foi elixido Concelleiro do Concello de Pontevedra, Deputado Provincial e Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra ata o ano 1983, no que decide abandonar a política activa e sucédelle no cargo Mariano Rajoy Brey.

No ano 1986 foi nomeado Director da Alta Inspección do Estado en Galicia polo Ministerio de Educación e Ciencia. Xubilouse en 1996. En 1998 foi nomeado membro do Consello Escolar de Galicia polo apartado de "personalidades de recoñecido prestixio no campo da educación" onde permaneceu ata o ano 2000.

Foi delegado provincial de Asociacións e de Cultura; profesor colaborador do Instituto de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela e correspondente do Instituto de Estudos Políticos.   Faleceu na Coruña no ano 2012 aos 81 anos de idade

sábado, 22 de maio de 2021

Historia do CEP Campolongo

2020

No ano 1972, o Ministerio de Educación e Ciencia, dentro do “Plan de Urgencia para Galicia 1972”, a través da Junta de Construcciones, Instalaciones y Equipamiento Escolar, aproba a construción dun Centro Escolar en Campolongo, para impartir a  Educación Xeneral Básica (EXB). A capacidade prevista para este centro é de 16 unidades. O Ministerio responsabiliza, como Director da construción, a D. Ramón Estalella e Manso de Zúñiga.

Cartaz  1970
O día 1 de marzo do ano 1972 comenzaron  as obras de construción do edificio que axiña se   convirtirá   nun centro piloto, destinado a introducir ensinanzas e experiencias innovadoras no ámbito da educación primaria.  A data de remate das obras foi o 30 de setembro de 1972.

O centro iniciou as súas actividades no ano 1973 como un centro experimental (C.E.P.), cunha distribución  dos  espazos  adaptados para impartir sesións en macrogrupos para tratar temas xerais e con unha  metodoloxía propia, impulsada pola súa primeira Directora Teresiana, Dña. María Jesús García Sánchez, quen pretendía acercar a filosofía do centro a do Colexio Somosaguas de Madrid, considerado como un dos máis vangardistas da época. Nese  curso (1973-74)  estivo facendo as prácticas de maxisterio, a compañeira Dª  María Luísa V. V. (Marisa) , que sería mestra en Campolongo desde o curso 2008-09 até o 2019-20, curso no que se xubilou . Ela da fe que se traballou moito ese primeiro ano.

Ao longo da súa posta en marcha, o centro contou con profesorado provisional en servizos especiais, a gran maioría mestres xóvenes e procedentes dos recen renovados plans de estudo do Maxisterio, ata que no ano 1977, incorpóranse  ó centro os cinco primeiros  profesores/as  definitivos/as que obtiveron a súa praza no concurso de traslados, para logo no 1978 incorporarse dezaseis novos profesores definitivos e cesando nos seus postos os provisionais. A partir desta data e ata a actualidade, a plantilla do centro foise consolidando con profesores definitivos  con contrastada experiencia, derivada  da necesidade de ter moitos  puntos de experiencia laboral para poder achegarse ás solicitadas  prazas no centro da cidade.

Anos 70
Durante os primeiros anos de funcionamento do centro, para a formación continua do profesorado, recorriuse a prestixiosos profesores das Universidades de Madison e Stanfor de USA, así como a destacados pedagogos do momento (Postiguillo, o Padre Díaz de Rábago, ...), que impartían cursos de actualización en Campolongo.

Unha mostra do vangardismo do centro era a utilización xa no ano 1974 das novas tecnoloxías aplicadas á educación, impartíndose clases prácticas en circuíto pechado de televisión e  comezando a traballar con ordenadores  no centro. 

Despois da Lei do 70 e coa posta en marcha da LOGSE, o centro funciona cunha líña de Educación Preescolar de tres años, outra para catro  e outra para cinco anos, xuntamente con tres líñeas para toda a  E.X.B., chegando incluso a catro líneas durante máis de 10 anos, o que supoñía unha matrícula de case  mil alumnos. Para solucionar o problema da liña 4 optouse por eliminar a liña de preescolar do centro e coller só as 3 liñas de  infantil do colexio anexo ó noso  (EII Crespo Rivas). Rematou o proceso de preescolar no curso 2012-13, pasou de ser un CEIP a ser   CEP . No curso 2019-20 xa non había ningún nivel con liña catro.

Até 2019
O colexio está ubicado no  barrio de Campolongo, un dos mais modernos e o mesmo tempo con  máis historia da cidade, formando parte do parque de Campolongo, cunha longa historia pola súa relación coa antigua Estación Vella do ferrocarril, co río dos Gafos, cos seus muiños, pontes, lavadoiros, cuartel militar, etc. Actualmente funciona como un CEP (Centro de Educación  Primaria) de líña tres e cunha matrícula arredor dos 525 alumnos/as e con unha plantilla de 37 profesores, incluíndo dous profesores especialistas en Educación Física, unha profesora en Educación Musical, catro en Linguas Extranxeiras (Inglés e Francés) e tres de Relixión (unha delas pertencente o Claustro e dúas compartindo docencia con outros centros). Conta tamén con especialistas en Audición e Linguaxe, Pedagoxía Terapéutica, Orientadora, ademais dos servizos de unha coidadora para atender alumnos/as con necesidades educativas especiais.

Lateral Sur
Nestes momentos a plantilla do centro é equilibrada e estable, faltando por cubrirse unha praza de Especialista en E. Física e outra de P.T.con só catro profesores provisionais e unha dirección que presentou a dimisión pero aínda está en funcións, onde a media de idade é de 53,35 anos.  A actividade educativa do centro vese complementada co traballo da Asociación de Nais e Pais (ANPA) que  conta cunha cifra cercana ó 90% de asociados. O colexio está  adscrito ó Instituto Sánchez Cantón.

Panorámica 2020
As instalacións contan con unha superficie aproximada de 3.500 m2, distribuídas da seguinte maneira:

a) Edificio de Dirección-Administración cos despachos de: Dirección, Xefatura de Estudios e Secretaría; despacho de A.P.A., Biblioteca, Aula de Informática e Conserxería.

b) Edificio con dezanove aulas de Educación Primaria, Titorías por niveis, aula de P.T., aula de A.L., Departamento de Orientación, Aula de Idiomas, Aula de Audiovisuais, Sala de Usos Múltiples e Sala de Profesores.

c) Edificio  anexo utilizado como comedor. Antes  eran 3 aulas de Educación Infantil.

d) Edificio para Actividades Deportivas (Pavillón e Patio Cuberto).

e) Vivenda do Conserxe.

f) Parque infantil.

g) Patios de recreos e deportes.

h) Pistas polideportivas exteriores de uso compartido co vecindario.

ARTIGO RELACIONADO

martes, 18 de maio de 2021

Os cárceres de Pontevedra

 (Este arquivo aínda está sen rematar)

Cárcere/Audiencia

A construción deste emblemático edificio (Audiencia) foi feita entre os anos 1851-1859 (primeiro como cárcere). Pero antes deste houbo outras tales como o  cárcere arzobispal na entrada da muralla pola rúa Galera .  "A  rúa dá Galera ou Barral indica o lugar onde se situaba o vello cárcere  arzobispal. Trataríase dunha torre, que na que pola súa  parte baixa servía de porta á muralla. En Pontevedra esta tipo de edificación caeu en desuso e foi ocupada polo peso da fariña, situada na  rúa dous Caos (actual  Zapatería ou  Charino), por carecer dita  rúa de amplitude suficiente para o paso dos carros. A súa nova localización será o Cárcere Vello (na Torre arzobispal) , que o concello  arrienda coa obrigación de restaurar o inmoble.
A Parda até 1991


A publicación de tres debuxos pontevedreses de finais do século  XVI por Sebastián González García-Paz sitúa con exactitude o lugar onde se pensa levantar o novo presidio, á entrada da ponte do Burgo. Ata finais do século  XVII non se volve a ter noticias de consideración sobre este edificio; en 1697 os  mestres de cantería Antonio de Monteagudo e Alonso García de Figueroa emiten o seu xuízo sobre este edificio, levantado sobre o primeiro piar da ponte e arruinado, poñendo en perigo a estabilidade do conxunto, polo que debía ser demolido. Moi posiblemente, o cárcere foi derrubado e levantado de novo, talvez por Pedro Monteagudo, que por estas datas atopábase entretido levantando a casa do conde de Maceda, actual Parador.
Torre e Cárcere Vello

Unha nova época ábrese coa invasión inglesa de 1719, que ocasiona a destrución doutros edificios públicos da vila, como a  Maestranza (actual edificio de Belas Artes). O novo cárcere exponse en 1750. Desta nova etapa posúese o contrato de construción da nova prisión, formalizada en 1750, entre o rexemento, o apoderado  arzobispal e o  maestre de obras Pedro Antonio Ferreira, documento localizado nos fondos do Arquivo Histórico Provincial por Antonio Gil Alcántara.

Os planos que se achegan no prego de condicións presentan un edificio presidido por unha torre de dous pisos: o inferior ocupado por un arco que servía de porta á muralla; na parte superior, a capela. No chan, un rexistro para que os presos poidan atender á misa sen moverse do seu calabozo. Aos lados dunha xanela central, os escudos da vila e do arcebispo. Un corpo anexo fai a función de cárcere da cidade.

O  maestre Pedro Antonio Ferreira dá conta ao concello, en novembro de 1753, de acabar a obra e solicitar o seu recoñecemento. Pouco despois o  maestre Ferreira expón o excesivo gasto que tiveron as obras, basicamente polas levadas a cabo no estaleiro de Ferrol.

A obra de Ferreira tampouco estaba destinada a perpetuarse. Posiblemente o Camiño Real desde Compostela a Pontesampaio, emprendido polo arcebispo Malvar, que altera totalmente a ponte do Burgo, afecte ao cárcere. Tamén na súa ruína participaría a  francesada, ao  parapetarse os invasores dos campesiños en Cotobade. O certo é que, superada a contenda, en 1826, o xuíz do partido xudicial ratifica o seu mal estado. A cancelación do réxime  señorial nas Cortes de Cádiz traspasou o réxime penal á xustiza estatal. Neste ambiente aprobouse pola Real Academia de San Fernando un proxecto presentado por Melchor de Prado, en 1816, que non foi levado a cabo.

Actual prisión de A Lama

Parte do artigo foi copiado e traducido do xornal "Faro de Vigo" dun artigo de Juan Juega

 

Aurora Vidal Martínez

Camino de Belén
Aurora Vidal
Poemas de nenos
 e paxariños

Mestra en Campolongo
Aurora Vidal Martínez nace en Pontevedra o 28 de agosto do ano 1910. Estuda maxisterio en 1931, cursa o Grado Profesional e exerce o ensino como maestra dezmilista en diversos destinos de Galicia, Castellón e Canarias.
 Foi nos anos corenta cando Aurora Vidal Martínez (1910- 2005) comezou de xeito activo a súa carreira como escritora na cidade do Lérez. Alí trabou amizade con escritores e intelectuais de renome, entre eles o propio Álvaro Cunqueiro, Xosé F. Filgueira Valverde ou Herminia Fariña.










Exerceu toda a súa vida de mestra,  
profesión que combinaba cunha práctica literaria variable e heteroxénea, pois cultivou tanto novela como conto, pasando pola poesía e o teatro. Publicou tanto en galego coma en castelán un 'corpus' de creación do que só chegou a publicarse unha pequena parte. De feito a obra Poemas, que publica Follas Novas, está composta por medio cento de composicións da autora, quen se manifesta como poeta en lingua galega en 1958 con Poemas de nenos e paxariños. 

No ano 2010
, centenario do seu aniversario, tanto o Concello de Pontevedra como o CEP Campolongo, colexio onde se xubilou, fixéronlle unha pequena homenaxe. O Concello cunha placa na casa onde vivía e o colexio cunha exposición dos seus libros e traballos dalgúns dos seus poemas. Ver na revista (páxinas 72-73). Ler máis

O teu cole na historia. Coñecendo a nosa contorna

 O  colectivo Polo Correo do Vento, en colaboración co Concello de Pontevedra está a facer uns murais polos colexios co título “O teu cole na historia. Coñece a túa contorna”. No mural que pintaron no CEP Campolongo están representados O río GafosA Audiencia, O Pazo e as súas pistas, A Vella Estación do trenAurora Vidal, O CEP Campolongo e As Camelias.  Máis na wikipedia sobre Campolongo.

Ver o Mural na prensa  Outros murais de centros educativos: