xoves, 3 de decembro de 2015
domingo, 29 de novembro de 2015
Ultimo trole eléctrico de Pontevedra á Álba
Fotografía do "derradeiro trole" subindo por Andrés Muruáis e entrando na rúa Peregrina camiño de Lérez/Alba...
xoves, 26 de novembro de 2015
domingo, 22 de novembro de 2015
Rúas de Pontevedra
Clica na imaxe para ler algo de historia das rúas da cidade de Pontevedra.
Ver Plano coas Rúas
Ver traballos doutros cursos
Ver Plano coas Rúas
Ver traballos doutros cursos
sábado, 7 de novembro de 2015
O PRIMEIRO ANUNCIO EN GALEGO HAI 139 ANOS.
Os primeiros anuncios en galego publicáronse no periódico ourensán O Tío Marcos d'A Portela. Foi un 5 de novembro de 1876 cando se publicou un anuncio da coñecida empresa de máquinas de coser Singer. Pasaron 139 anos e aínda custa atopar anuncios publicitarios de empresas en galego. Moito temos que agradecer ao Tío Marcos da Portela, a primeira publicación periódica enteiramente en galego. A súa incidencia social foi moi grande, sobre todo no mundo rural. Na cabeceira do periódico figuraba o seguinte: “Os mandamentos do Marcos fora da eirexa son seis: facer a todos xustiza, non casarse con ninguén, falar o galego enxebre, cumprir co que manda a lei, loitar polo noso adianto con entusiasmo e con fe, vestir calzóns e monteira”.
Queda claro que un dos eixos desta publicación foi a defensa da lingua do país. No Tío Marcos da Portela escribiron algunhas das figuras máis importantes do momento: Francisco Añón, Curros Enríquez, Pondal, Manuel Lugrís Freire ou Eladio Rodríguez, entre outras.
Continuando co precedente iniciado n'O Tio Marcos d'A Portela, a publicidade comezou a estar presente en todos os periódicos. Merece salientar o Almanaque Gallego editado na Coruña en 1894, unha publicación que reservou vinte e cinco páxinas exclusivamente para anuncios en galego. Había anuncios en galego de bares, reloxerías, librarías, adegas, casas de comidas, médicos, dentistas, oculistas ou mesmo compañías de seguros.
Mágoa que pasado case un século e medio esteamos, en canto a publicidade en galego nos xornais se refire, moito peor. Haberá que seguir traballando e achegando cadaquén o seu gran de area para mellorar esta triste situación. E, por suposto, nunca esquecer que a loita comezou hai moito, moito tempo en persoas como o ourensán Valentín Lamas Carvajal co Tío Marcos da Portela.
luns, 2 de novembro de 2015
O rueiro esquécese delas

A maior parte das nomenclaturas datan dunha época na que as mulleres non tiñan acceso a cargos relevantes e nin sequera podían aspirar a desenvolver actividades máis aló do ámbito doméstico ao que estaban relegadas. Se embargo, as rúas de nova creación tampouco saldaron esa débeda co xénero feminino.
A concelleira de Igualdade, Carmen Fouces, explica que o criterio que segue a Administración municipal para designar os viarios que se van sumando ao centro urbano pasa por utilizar os topónimos tradicionais.
domingo, 1 de novembro de 2015
A situación do galego en 1968 vista dende un periódico en Arxentina
Tratase do bonaerense diaro EL CORREO DE GALICIA de Xuño de1968.
Unha nova moi curiosa e clarificadora para algúns que aínda pensa que o galego non foi perseguido.
sábado, 31 de outubro de 2015
Unha peritaxe de 80 expertos indican que Colón e Pedro Madruga son a mesma persoa
Cristóbal Colón é un personaxe que fascina a historiadores e investigadores de todo o mundo. É o caso do mexicano de orixe galega Modesta Manuel Doval, que o vindeiro martes presentará en Pontevedra a súa nova obra, "Cristóbal Colón. Señor feudal galego", un traballo no que profunda na teoría da orixe galega do almirante e dá un paso máis ao asegurar que ademais foi un importante aristócrata da época.
-Cristóbal Colón e Pedro Madruga foron a mesma persoa?
-Si, sen dúbida, toda a documentación, todo o que dixo e fixo Cristóbal Colón, todos os feitos coinciden en que eran a mesma persoa. É máis, fíxose unha peritaxe caligráfico e tras o máis de 80 peritos expertos indican que Cristóbal Colón e Pedro Madruga son a mesma persoa.
-Ademais de que comparten escritura que outros argumentos apoian esa teoría?
-A teoría iniciouse con Celso García de Riega, sabemos que Colón era galego porque escribía no galego daquela época, cos mesmos xiros, e pola toponimia, porque os nomes dos sitios que foi bautizando no descubrimento constitúen un calco das Rías Baixas, das costas pontevedresas, de feito hai máis de 200 lugares que coinciden. Ademais nese momento o único sitio do mundo onde existía o apelido Colón tal cal, sen que fose Colombo nin Colóm nin nada polo estilo era aquí en Pontevedra. Ademais sábese que Cristóbal Colón era nobre, un personaxe que era recibido polos reis, tanto os casteláns como os portugueses, franceses, ingleses, todos o trataron como nobre antes, durante e despois do descubrimento, tanto ao como ao seu irmán Bartolomeu e nesa época ningún plebeyo podería ter acceso a esas cortes, chegar onde chegou Colón, se non era de orixe nobre. Entón había que buscar un nobre galego que tivese tratos que tivese tratos coa corte portuguesa e castelá, e en 1976-77 Alfonso Philippot enlaza Pedro Madruga con Cristóbal Colón e todo empeza a ter forma.
-Compartían amigos?
-Os amigos de Pedro Madruga son os amigos que despois tería Cristóbal Colón, os inimigos de Cristóbal Colón son casualmente os inimigos de Pedro Madruga, os sitios onde dixo Cristóbal Colón que estivo son os mesmos que sabemos que estivo Pedro Madruga, hai moitísimos datos que apoian esa total coincidencia, datos avasalladores como que por exemplo Cristóbal Colón sempre protexeu aos fillos de Pedro Madruga, preocupouse por todos os seus fillos e xa na época de Carlos V afírmase que o fillo de Pedro Madruga era fillo de Cristóbal Colón, hai moitísimas coincidencias.
-Pedro Madruga morre en estrañas circunstancias.

-Por que cambiaría a súa identidade, se os reis sabían quen era realmente? Para que promover tanta confusión sobre a súa identidade?

-Como fora ata entón a vida de Pedro Madruga?
-Era fillo natural do señor de Sotomayor, que o mandou a estudar con Esteban de Soutelo, o seu tío. Os Soutelo non están emparentados para nada cos Sotomayor, en cambio os Colón se están emparentados cos Soutelo. Mándao ao mosteiro, de aí sae aos 14 anos, faise á mar e márchase a Portugal e aprende todo da navegación da man do seu irmán, Bartolomeu Colón, casualmente unha persoa cuxa vida é tan misteriosa como a do seu irmán, pero agora sábese que Pedro Madruga tiña un irmán de pai e de nai, que se chamaba Joao Goncalves de Sotomayor, que encaixa totalmente, absolutamente, con Bartolomeu Colón. Joao Goncalves era fillo do mesmo pai e da mesma nai, que nós cremos que era Constanza de Colón, a nai de Pedro Madruga e nada en Poio.
-O seu libro recolle as últimas investigacións sobre a teoría coloniana . A peritaxe dos escritos de Madruga e Colón é o máis recente avance?
-Ademais diso hai varios detalles, por exemplo que se falaba dun centenar de topónimos da ría de Pontevedra, nomes cos que Colón foi bautizando localidades no descubrimento, pero grazas a Portos do Estado, que sacou fai un par de meses un mapa coas coincidencias dos nomes da ría, hoxe sabemos que son case 200 topónimos, só un mariñeiro moi experimentado, un gran coñecedor das rías galegas, podería saber tal número de nomes.
Artigo traducido ó galego. Ver orixinal de Susana Regueira no Faro de Vigo
Ler máis en Asociación Cristobal Colón Galego
Ver o documental "Colón Galego"
domingo, 18 de outubro de 2015
Monumento ós heroes de Pontesampaio

Artigo traducido ó galego por Milprimaveras. Orixinal en castelán: Mercedes Gallego Esperanza
O alcalde de Pontevedra daquela era Javier Puig
domingo, 16 de agosto de 2015
venres, 7 de agosto de 2015
Traballos das rúas de Pontevedra durante o curso 2012-13
Traballos feitos sobre os persoeiros das rúas de Pontevedra durante o curso 2012-13 o alumnado do CEP Campolongo
Ver curso 2013-14
Ver curso 2014-15
Ver curso 2013-14
Ver curso 2014-15
Traballos das rúas durante o curso 2014-15
Ligazón para ver os traballos do alumnado do CEP Campolongo durante o curso 2014-25 (Clica na imaxe)
Ver curso 2012-13
Ver curso 2013-14
Ver curso 2012-13
Ver curso 2013-14
Traballos rúas 2013-14
Ligazón para ver os traballos do alumnado do CEP Campolongo durante o curso 2013-14
Ver curso 2012-13
Ver curso 2014-15
Ver curso 2012-13
Ver curso 2014-15
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)