martes, 29 de maio de 2018

Estación Vella - Praza de Galicia




A dereita, derrubando a Estación
do Ferrocarril en 1968
 Coa construción da estación de ferrocarril en Pontevedra, que recibíu a sua primeira locomotora o 16 de Maio de 1884, adecuouse un amplo espazo público enmarcado polo final das rúas de Augusto González Besada, Andrès Muruais e Andrés Mellado, así como polo edificio da estación.
Este espazo apenas sufriu cambios ata 1969, momento no que se procede a demolición das instalacións ferroviarias, abandonada dende 1966, pola posta en servizo dunha nova terminal máis lonxe do centro urbano. En 1968 derrubouse a Estación Vella do ferrocarril, deixando unha ampla zona para novos usos da cidade, entre as grandes torres de edificios para viviendas fíxose tamén o Centro Escolar de Campolongo (1º curso foi no ano 1972-73). 
En 1970 prívase de luz, canalizándoo,  o tramo do río Gafos que pasa por Campolongo (uns 520 m).
En 1971 realízase a primeira ampliación da praza aproveitando os terreos que deixa libres o antigo edificio da estación, e habilítanse  marquesiñas para a parada de trolebuses.Pouco despois realizase a urbanización da Avenida de Augusto Garcia Sánchez sobre os terreos ocupados anteriormente polas vías férreas.Finalmente, na década nos noventa, realízase unha reforma en profundidade na zona, tras desaparecer o servizo de trolebuses en 1989 e eliminarse o tendido aéreo asociado a este servizo. Coa reforma a praza duplica a súa superficie, invadindo terreos da Avenida Augusto García Sánchez, partíndoa literalmente en dous, e por primeira vez adopta xardíns, árbores,unha ampla fonte central e sendas peonís, limitando a circulación rodada ao seu perímetro.

O nome  de "Estación Vella" foi escollido para cambiar o nome da Revista Escolar do CEP Campolongo durante o curso 2017-18, o antigo nome era o de "Esperpento". Ver a 1ª Revista Escolar co novo nome.   















domingo, 26 de novembro de 2017

Información Xeográfica de Galicia

Nesta ligazón podes comparar a cidade de hoxe en día con diferentes momentos da historia recente de  Pontevedra (dende 1946) o calquera outra cidade ou aldea galega. Entre outras comparacións está unha feita nun voo polos americanos en 1956-7.
Hai que elexir  no icono de "Búsqueda" (o da dereita)  cidade, concello ... Logo arrastrar a barra central para ver os dous lugares nas diferentes épocas.

sábado, 25 de marzo de 2017

Pontevedra en 1984

Fragmento dun documental emitido na  televisión española en 1984  titulado "Arte y Tradiciones Populares"