
Traxectoria
Antero Rubín ingresou de xeito involuntario no exército o 11 de maiode1868 e aos dazaseis anos foi para Cuba co exército, de onde volveu aos poucos anos tras ascender ao rango de tenente. Estudou en Redondela, Vigo, Santiago de Compostela e Pontevedra.
En 1895 volveu a ser enviado a Cuba co Batallón Granada, composto por 700 homes, fixo fronte a insurrección en Potrero las Varas o 24 de setembro de 1895, na que venceu os patriotas cubanos, este triunfo valeulle diversas condecoracións. Unha vez recuperado asumiu as comandancias militares de Cienfuegos e Bayano. Xa no ano 1898 participou en batallas como as de Quemado e Guanacoa. Os días 22, 23 e 24 de xuño tomou parte nas batallas contra os estadounidenses (Batallas das Guásimas). O 1 de xullo presenciou a capitulación de Santiago de Cuba. O 14 de febrero de1898 a raíña rexente María Cristina de Borbón II Sicilias ascendeuno a xeneral de brigada. En 1901 pasaría a gobernador civil de Oviedo. En 1908 foi ascendido a xeneral de división e dirixiu os gobernos militares de A Coruña, Zaragoza e Bilbao. En decembro de 1916 a tenente xeneral. En 1917 foi nomeado Capitán Xeneral de Galicia e pasou a reserva en 1923. Ver o traballo en PDF . Alberto A. A. (5ºC)
Como anécdota: Rercordamos que este xeneral viviu na rúa que hoxe en día leva o seu nome, e o único que queda do seu lar é a gran palmeira que se atopa xusto onde comezan as casas dos militares preto do CEP Campolongo. Vera a rúa en Google Maps
Ningún comentario:
Publicar un comentario