Na desembocadura do Ghafos, temos pola dereita, onde están as columnas
do vello Hospital dos leprosos, a rúa Ribeira dos peiraos, e pola
esquerda, até este ano 2022 sen nome, onde se atopa a Cofradía de
pescadores san Telmo, a Ribeira do Gafos. Ver nova na prensa.
xoves, 18 de agosto de 2022
Cambio de nome dalgunhas prazas e rúas no tempo da II República - 1931
Como en case todos os tempos cando se producen cambios políticos ou de réximen leva consigo o cambio de denominación dalgunhas cousas, como pode ser a bandeira, o nome dalgunhas rúas, etc. Vén a conto aquí o caso das rúas porque no ano 1931 cando gañan as elección o 12 de abril os republicanos, os novos concelleiros de Pontevedra, Felipe Aparicio e Francisco, fan o mesmo nas seguintas de Pontevedra: A praza de S. Xosé
por Pablo Iglesias a da Peregrina será Liberdade; os xardíns e
praza do Concello pasarán a nomearse República; a rúa Real pasará
a Pi Margall; Alfonso XIII a Fermin Galán; rúa Peregrina a
Salmerón; Princesa a Enrique Labarta; a praza da Leña a Jaime
Beira; paseo Reina Vitoria a Rosalía de Castro; rúa Santa María ao
14 de abril de 1931; a da Barca a Teresa Pérez Fiota e, por último,
a rúa Martitegui denominarase de Virginia González.
Posterioremente cambiaron os nomes por outras razóns, exemplos: por unha visita de ourensanos cambiose a que se chamaba Praza do Parterre por Praza de Ourense. Tamén polo cambio de réxime en 1936 a Praza de san Xosé, que se chamaba nese momento de Pablo Iglesias pasa a chamarse Praza de Calvo Sotelo. Actualmente temos varios casos que comentaremos noutro momento, na que destacamos por ser curiosa (por Decencia e hixiene democrática), a do rei emérito, Xoan Carlos I, que agora chámase Virxinia Pereira Renda
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)