domingo, 2 de outubro de 2016

O 1 outubro de 1931, as mulleres obtiveron o dereito ao voto en España por 161 votos fronte a 131

O 1 outubro de 1931, as mulleres obtiveron o dereito ao voto en España por 161 votos fronte a 131. A deputada Clara Campoamor defendeuno así fronte a Vitoria Kent:  "Señores deputados: lonxe eu de censurar nin de atacar as manifestacións da miña colega, señorita Kent, comprendo, pola contra, a tortura do seu espírito ao verse hoxe en transo de negar a capacidade inicial da muller. Creo que polo seu pensamento debeu de pasar, nalgunha forma, a amarga frase de Anatole France cando nos fala daqueles socialistas que, forzados pola necesidade, ían ao Parlamento para lexislar contra os seus.