domingo, 23 de setembro de 2018

San Bartolomé onde está hoxe o Teatro Principal

 Ó lado a Casa das Campás

Récord de España en Campolongo

Jesús Hermida,  nos anos 50 bateu récord de España nos 80 metros na fase provincial dos Xogos Escolares. "Fixen unha marca escandalosa naquel momento, posto que o récord estaba en poder do noso paisano Moncho Rodríguez en 9.0" , e eu, en Campolongo,  en Pontevedra,  nunha pista mala de cinza,  fixen  8.7".
Este sorprendente rexistro supúxolle ser chamado a Madrid para integrar unha selección nacional escolar que se mediaría á francesa. Era o ano 1953. Pero tan pronto como chegou á capital, dixéronlle que non crían a marca que conseguira en Pontevedra, o que lle produciu un enfado considerable. "Entón probáronme. Puxéronme a outro velocista, cinco metros antes da miña saída. Eu saía en 80 e el en 75. Saqueille cinco metros máis e marquei en crono 8 segundos 9 décimas. O xuíz daquela proba e seleccionador do equipo nacional, Juan Sastre, veu cara a min e dime: Chaval, amoláchesme. Efectivamente non teño máis remedio que seleccionarte. E sacou do equipo un corredor moi bo, logo amigo meu cando fun  a estudar a Madrid, Tuduri, fillo de Andrés Tuduri que foi presidente algúns anos da Federación Española de Atletismo,"
O encontro escolar España-Francia, nas pistas da Cidade Universitaria, finalizou cunha vantaxe de puntos espectacular a favor dos españois: 80 a 30. "En 80 metros", reflectiu a prensa "despois de dúas saídas en falso, foi descualificado noso primeiro sprinter, Hermida, ao que os franceses, nun trazo de deportividade e camaradaría autorizaron a participar.
Clica na imaxe. Traducido do artigo "Jesús Hermida I"

A lenda de Inés de Castro

Ler em Português

Costumes da Idade Media


O 1º Instituto de Pontevedra


Villa Pilar en Pontevedra


martes, 29 de maio de 2018

Estación Vella - Praza de Galicia




A dereita, derrubando a Estación
do Ferrocarril en 1968
 Coa construción da estación de ferrocarril en Pontevedra, que recibíu a sua primeira locomotora o 16 de Maio de 1884, adecuouse un amplo espazo público enmarcado polo final das rúas de Augusto González Besada, Andrès Muruais e Andrés Mellado, así como polo edificio da estación.
Este espazo apenas sufriu cambios ata 1969, momento no que se procede a demolición das instalacións ferroviarias, abandonada dende 1966, pola posta en servizo dunha nova terminal máis lonxe do centro urbano. En 1968 derrubouse a Estación Vella do ferrocarril, deixando unha ampla zona para novos usos da cidade, entre as grandes torres de edificios para viviendas fíxose tamén o Centro Escolar de Campolongo (1º curso foi no ano 1972-73). 
En 1970 prívase de luz, canalizándoo,  o tramo do río Gafos que pasa por Campolongo (uns 520 m).
En 1971 realízase a primeira ampliación da praza aproveitando os terreos que deixa libres o antigo edificio da estación, e habilítanse  marquesiñas para a parada de trolebuses.Pouco despois realizase a urbanización da Avenida de Augusto Garcia Sánchez sobre os terreos ocupados anteriormente polas vías férreas.Finalmente, na década nos noventa, realízase unha reforma en profundidade na zona, tras desaparecer o servizo de trolebuses en 1989 e eliminarse o tendido aéreo asociado a este servizo. Coa reforma a praza duplica a súa superficie, invadindo terreos da Avenida Augusto García Sánchez, partíndoa literalmente en dous, e por primeira vez adopta xardíns, árbores,unha ampla fonte central e sendas peonís, limitando a circulación rodada ao seu perímetro.

O nome  de "Estación Vella" foi escollido para cambiar o nome da Revista Escolar do CEP Campolongo durante o curso 2017-18, o antigo nome era o de "Esperpento". Ver a 1ª Revista Escolar co novo nome.