luns, 26 de decembro de 2022

Alcaldes de Pontevedra

- Inocencio Acevedo Caballero: 1890

- Ángel Cobián Areal 1891/93

- Víctor Mendoza Muñoz 1894/95

- José María Riestra López: 1895/96

- Bernardo López Suárez-Cobián:  1897

- Carlos Casas Medrano 1897/98

- Pedro Martínez Casal: 1988/89

- Ernesto Caballero Bellido: 1899

- Víctor Mendoza Muñoz:  1900

- Bernardo López Suárez-Cobián: 1901/02

-  Ángel Limeses Castro 1902/04

- Bernardo López Suárez-Cobián: 1904/05

- Manuel Becerra Armesto 1905/09

- Francisco Javier Puig Llamas 1909/12

- Pedro Martínez Casal: 1912/14

- Andrés Corbal Hernández: 1914/15

- Luis Boullosa Mariño 1915/17

 - Francisco Javier Vieira Durán 1918/20

 - Avelino Silva Güimil: 1920/21

- Marcelino Candendo Paz: 1920 - 1921 e 1930

- Remigio Hevia Marinas 1928/30

- Manuel Casqueiro Paz: 1930/31

- Bibiano Fernández Osorio-Tafall 1931/34 

- Ramón Segura de la Garmilla: 1934

- Vicente Quintá Somoza 1934/36

- Tomás Abeigón Pazos : 1936

- Bibiano Fernández Osorio-Tafall: 1936

- Manuel García Filgueira 1936

- Remigio Hevia Marinas: 1936

- Remigio Hevia Marinas 1939/42

- Luis de Toledo Freire: 1943

- Luis Ponce de León Cabello: 1943/44

- Calixto González Posada: 1944/49

 - Ernesto Baltar Santaló: 1949/52

- Remigio Hevia Marinas: 1949/52,  

 - Juan Argenti Navajas: 1952/57

- Prudencio Landín Carrasco: 1857/59

 - Xosé Filgueira Valverde: 1959/68

- Ricardo García Borregón: 1968/70

- Augusto  García Sánchez: 1970/74

- Joaquín Queizán Taboada: 1974/79

- José Rivas Fontán: 1979/91

- Francisco Javier Cobián Salgado: 1991/95

- Juan Luís Pedrosa: 1995/99

- Miguel Anxo Fernández Lores: 1999/ ...

martes, 6 de decembro de 2022

Festival Ximnástico na Praza de Toros de Pontevedra.1957

 

No ano 1957 o  Instituto de Pontevedra foi proclamado Campión Nacional de Ximnasia Educativa. De volta a Pontevedra celebrouse o Festival Ximnástico que podedes ver nesta gravación orixinal como homenaxe aos que acadaron tan prezado galardón. Os trofeos pódense contemplar nas vitrinas do IES Sánchez Cantón.  O evento foi dirixido e organizado por Manuel Corrochano Gálvez.  A comunidade educativa do IES Sänchez Cantón agradece a D.Rafael Sánchez- Agustino e a Francisco e José Lorenzo Torres o feito de poder contar hoxe con tan valioso documento.    A película orixinal  foi rodada en Super8.

xoves, 18 de agosto de 2022

Nova rúa `Ribeira do Gafos´

Na desembocadura do Ghafos, temos pola dereita, onde están as columnas do vello Hospital dos leprosos, a rúa Ribeira dos peiraos, e pola esquerda, até este ano 2022 sen nome,  onde se atopa a Cofradía de pescadores san Telmo, a Ribeira do Gafos. Ver nova na prensa.

Cambio de nome dalgunhas prazas e rúas no tempo da II República - 1931

Como en case todos os tempos cando se producen cambios políticos ou de réximen leva consigo o cambio de denominación dalgunhas cousas, como pode ser a bandeira, o nome dalgunhas rúas, etc.  Vén a conto aquí o caso das rúas porque no ano 1931 cando gañan as elección o 12 de abril os republicanos, os novos concelleiros de Pontevedra,  Felipe Aparicio e Francisco,  fan o mesmo nas seguintas de Pontevedra: A praza de S. Xosé por Pablo Iglesias a da Peregrina será Liberdade; os xardíns e praza do Concello pasarán a nomearse República; a rúa Real pasará a Pi Margall; Alfonso XIII a Fermin Galán; rúa Peregrina a Salmerón; Princesa a Enrique Labarta; a praza da Leña a Jaime Beira; paseo Reina Vitoria a Rosalía de Castro; rúa Santa María ao 14 de abril de 1931; a da Barca a Teresa Pérez Fiota e, por último, a rúa Martitegui denominarase de Virginia González.  
 
Posterioremente cambiaron os nomes por outras razóns, exemplos: por unha visita de ourensanos cambiose a que se chamaba Praza do Parterre por Praza de Ourense. Tamén polo cambio de réxime en 1936 a Praza de san Xosé, que se chamaba nese momento de Pablo Iglesias pasa a chamarse Praza de Calvo Sotelo.  Actualmente temos varios casos que comentaremos noutro momento, na que destacamos por ser curiosa (por Decencia  e hixiene democrática), a do rei emérito, Xoan Carlos I, que agora chámase Virxinia Pereira Renda 

venres, 5 de novembro de 2021

Historia do Hospital de Pontevedra

Antigo hospital en Curros Enríquez
Novo hospital en Loureiro Crespo

O antigo hospital SITUADO na actual a praza de Curros Enríquez ampliouse en diferentes séculos e deu orixe noutra localización ao actual Hospital provincial de Pontevedra. Durante as obras realizadas no marco do plan Urbano II de Pontevedra apareceron cerámicas medievais, restos romanos e deixaron á vista os muros e cimentos do antigo hospital que constaba dunha igrexa, unha capela e un camposanto. O seu primeiro nome foi Hospital do Corpo de Deus, máis tarde Corpus Christi, e ocupaba unha planta maior que do que hoxe é o solar do edificio do Casino Mercantil e Industrial de Pontevedra e a capela das Ánimas, na travesía que hoxe leva o seu nome.

 A súa fundación documéntase no testamento da veciña da Villa Teresa Pérez Fiota tras o seu falecemento o 15 de xullo de 1439. Unha muller con diñeiro e propiedades que viviu na Rúa dá Correaría e foi enterrada no cemiterio de San Bartolomé , lugar que na actualidade ocupa o Liceo Casino de Pontevedra. Pérez Fiota doaba con destino a un novo hospital, exento á xurisdición parroquial, unhas casas da súa propiedade existentes nese lugar (actual praza de Curros Enríquez). Sobre este documento o Museo de Pontevedra custodia a " Ejecutoria de preito entre frei Agustín Domínguez cos Confrades do Corpus Christi da Vila de Pontevedra sobre os bens pertencentes ao Hospital de Corpus Christi, na cal se atopa a escritura de fundación do devandito Hospital outorgada por Teresa Pérez Fiota no 16 de xuño de 1439". A defunta deixaba como usufructuaria de todos os seus bens á súa irmá Elvira, que sería a primeira co-administradora do novo hospital co clérigo de San Ciprián de Aldán, Marcos Fernandez. No seu testamento Teresa deixou claro que era condición dos traballadores: "asistir aos pobres enfermos, carecía dea estipulacións precisas no testamento, non poñéndose outra condición que a de que homes e mulleres que fosen recibidos habían de ser limpos, que non estivesen embriagados, nin promovesen rifas e pendencias, pois en caso tal poderían ser despedidos para outro hospital calquera, de acordo co seu desexo xeral de que fose a institución caritativa que creaba para que os seus pobres atopen nel albergue, e da xestión do hospital fíxose cargo a Confraría do Corpus Christi, pero noutro documento, do 5 de decembro de 1530, deixaba clara a mala administración do hospital por parte da mesma, xa que bens e rendas desviábanse en ocasións a outros fins. Sobre o traspaso aos Irmáns da Orde Hospitalaria de San Juan de Deus comentar que o papa San Pio V aprobou a súa fundación en 1572, aínda que outras fontes datan o inicio en 1537. A nova orde "establecía, a servir, asistir e curar aos enfermos pobres e buscar as esmolas para sustentalos", ademais da atención aos fieis e o mantemento dos Hospitais que fosen fundando. Os Irmáns de San Juan de Deus, xa establecidos en Galicia, fixéronse cargo do Hospital de Pontevedra oficialmente o 4 de outubro de 1597, faise efectiva en 1598, coa autorización do concello e en presenza de "Alonso da Maza, tenente de alcalde; Payo de Ribeira, don Pedro de Montenegro, Fernando Gutiérrez de Bustillo, os licenciado Pazos, Antonio de Salnés Mariño, rexedores todos, e o procurador xeral Lázaro Gómez". Unha das novas condicións consistía: "Que a orde de preferencia de recepción de enfermos establecésese así: primeiro os veciños da Villa, daquela os dos arredores e xurisdición de Pontevedra, e en terceiro lugar os peregrinos que foren e viñeren de Santiago de Compostela". Segundo o relato de Fernández Villamil, en base ao documento orixinal de Pérez Fiota en Pontevedra existían en 1600 os seguintes hospitais: O de Santiago (o da Ponte), anexo ao  hospital, que tivo a súa Capela e estivo situado nas inmediacións da Porta da Ponte na antiga fortaleza arzobispal; outro o da nosa Señora do Camiño, relacionado coa leprosería do Gafos; e o de San Juan de Deus e A nosa Señora da Piedade. Coa desamortización de Mendizábal en 1838, Real orde do 2 de outubro, determinouse "que continuase aberto devandito Hospital á cargo do Concello desta cidade, como o tiñan os relixiosos Hospitalarios". En 1886 xurdiu un problema entre o concello e o arcebispo de Santiago polo nomeamento do capelán do hospital. Un conflito que se fixo público na prensa por ambas as partes cando o concello acordou nomear capelán ao presbítero José García Pintos, solicitando ao arcebispo o seu parabén, cuestión que molestou ao prelado ao consideralo unha inxerencia. A cousa chegou a tal punto, que o concello acordou deixar de pagar o consignado para funcións relixiosas e non asistir a ningunha delas en Pontevedra ata que o arcebispo reparase a ofensa; ao final, as augas volveron ao seu leito. O Hospital de San Juan de Deus demoleuse a finais do XIX, o 13 de xullo de 1896, pero consérvase a planta de cimentación baixo a praza. O reloxo orixinal do hospital trasladouse á fachada da Peregrina e consérvanse algunhas tallas da igrexa e as campás.  Ante as protestas dos veciños pola demolición da igrexa, a actual capela das Ánimas foi construída polo marqués de Riestra, Fernando Campo, Aquilino García, Celestino Reguera e Pedro Martínez, segundo reza na placa "que construíron ás súas expensas esta capela no ano de 1898" ( parece que é 1898 xa que o último número está borroso).

 Tradución ó galego do artigo de Milagros Bará no Diario de Pontevedra

martes, 24 de agosto de 2021

Historia do Loro Ravachol

Corría o ano 1880 cando o farmacéutico Perfecto Feijoo voltou de Madrid tras tres anos de prácticas, e decidiu adquirir a botica da rúa Peregrina. A rebotica convertiuse de seguido nun importante punto de tertulia, onde asistirían persoeiros coma Emilia Pardo Bazán, Eugenio Montero Ríos, Práxedes Mateo Sagasta, Pablo Iglesias,ou Miguel de Unamuno. Mantivo unha intensa actividade cultural, sobre todo no eido da música tradicional galega.

O loro Ravachol (bautizado co nome do anarquista francés Ravachol), mascota de Perfecto Feijoo, era moi apreciado na cidade polos seus afamados dialogos e expresións, non sempre correctas, pois era mal falado. Tiña unha chea de frases e expresións, algunhas coma ?se collo a vara?, ?aquí non se fía?, ?vaite de aí, lambón?.

A prensa pontevedresa do 27 de xaneiro de 1913 (en especial El Diario de Pontevedra e La Correspondencia Gallega) faise eco do falecemento o día anterior do loro Ravachol. A morte de tan ilustre persoeiro provoca na sociedade pontevedresa unha profunda sensación de pesar que, unida ao xúbilo propio do tempo carnavalesco, vivido na ciudad sen actos de relevancia, induce a honralo tal como se merecía, organizando un prolongado velorio, os primeros días na botica e despois no local da Sociedad Recreo de Artesanos, e un enterro por todo o alto. Finalmente foi soterrado nunha finca que o boticario tiña en Marcón.

É partir do ano 1985 cando se recupera a súa memoria, organizándose unha incineración da súa efixie para o venres da semana de Entroido. E o venres 19 de febreiro tocou chorar pola morte do loro de máis sona do noso país. Mañá de día de loito. Morreu o loro Ravachol. Choremos todos xuntos

domingo, 8 de agosto de 2021

Federico Cifuentes Pérez

Cando comezou a funcionar o  Colexio Nacional Campolongo (1973-74) estaba de inspector xefe D. Federico Cifuentes Pérez. Parece ser que tivo moito que ver no funcionamento dos  colexios "Centros Pilotos Experimentais" daquela época. En Pontevedra xunto co noso estaba tamén o de Mourente. A filosofía do ensino estivo a cargo da monxa teresiana  Doña Mª Jesús Sánchez García, e baseábase en parte nos principios pedagóxicos da Educación Personalizada que promovía Victor García de la Hoz.  Imos falar neste artigo deste famoso persoiro:

 Foi, entre outras cousa,  un político español.  (Ávila, 1931 - A Coruña, 2012). Os seus cargos foron:  Primeiro presidente da Deputación Provincial de Pontevedra en democracia, xefe da alta inspección do estado en Galicia, inspector de educación e mestre. Premio "Orde Diego de Losada" en primeira clase. Cruz do Mérito Militar con distintivo branco de Primeira Clase. Diploma da Escola Nacional de Administración Pública de Alcalá de Henares.

Naceu en Ávila en 1931, fillo de Federico e Mercedes, obtivo o título de mestre en Primaria no ano 1947. Cursou estudos de Filosofía e Letras na sección de Pedagoxía na Universidade Complutense de Madrid, promoción de 1956. Inicia a súa actividade profesional como profesor do colexio Santiago Apóstolo de 1957 a 1960. Ingresou por oposición no corpo de Inspección de ensino primario do Estado en 1963, sendo destinado á provincia de Pontevedra.

Contraeu matrimonio no ano 1963 con Mª do Rosario Cordeiro Solís, mestra de educación primaria. Foi secretario da inspección provincial de Pontevedra de 1964 a 1969. En 1969 foi nomeado Inspector Xefe do persoal provincial de Pontevedra, en cuxo cargo permaneceu ata 1976. Neste  mesmo ano foi nomeado director técnico da Cidade Infantil Príncipe Felipe, dependente da Deputación de Pontevedra.

Tomou parte nas eleccións municipais de 1979 polo partido político de Unión de Centro Democrático e o 26 de abril dese mesmo ano foi elixido Concelleiro do Concello de Pontevedra, Deputado Provincial e Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra ata o ano 1983, no que decide abandonar a política activa e sucédelle no cargo Mariano Rajoy Brey.

No ano 1986 foi nomeado Director da Alta Inspección do Estado en Galicia polo Ministerio de Educación e Ciencia. Xubilouse en 1996. En 1998 foi nomeado membro do Consello Escolar de Galicia polo apartado de "personalidades de recoñecido prestixio no campo da educación" onde permaneceu ata o ano 2000.

Foi delegado provincial de Asociacións e de Cultura; profesor colaborador do Instituto de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela e correspondente do Instituto de Estudos Políticos.   Faleceu na Coruña no ano 2012 aos 81 anos de idade