sábado, 23 de xaneiro de 2016

Cando acadou o título de cidade Pontevedra?

 É a Raíña Isabel II quen concede o título pero dada a súa minoría de idade asínao a súa Nai María Cristina que actúa como Rexenta.


“Desde hoy  (23 de noviembre de 1835)  en adelante llamen e intitulen Ciudad de Pontevedra a la que hasta ahora se ha llamado e intitulado Villa del propio nombre, que guarden y cumplan, y hagan guardar y cumplir esta mi carta y lo en ella contenido y que contra su tenor y forma no vayan, ni pasen, ni consientan ir ni parar, que así es mi voluntad”  Los festejos se recogieron el la prensa madrileña “con iluminación voluntaria, repique de campanas, música y hasta fuegos de artificio, además de otras demostraciones con que se  manifestaron de un modo muy positivo su gratitud y reconocimiento a la augusta dispensadora de este honor”

 Historia de Pontevedra de Xosé  Fortes.

Almirantes Matos

No ano 1655, o Almirante pontevedrés Juan García De Matos, Xefe dos galeóns de Nápoles, morre pelexando,  dun canonazo da Escuadra Francesa, preto da costa  de Barcelona.

Levaba 28 anos de constantes e leais fazañas. Deixou aos seus unha limpa folla de servizos. O título de cabaleiro da Orde de Santiago, que o recabara de Don Juan de Austria, e o Escudo que Felipe IV  lle otorgou , cunha chave, unha gadaña e un castelo á beira dereito, e no oposto a bengala de Maestre de Campo.
Juan García, foi un dos tres famosos Almirantes Matos, xunto con Juan de San Vicente  e o seu sobriño Domingo, Todos eles do arrabalde da Moureira.
Pasado un século, en 1758, un ancián membro da familia, Frei Bartolomeu Fernández, sexto neto do que fose Vicario de Mareantes, declaraba que os Matos eran persoas de calidade, honradez e estimación.  Esmeráronse  no servizo aos Católicos Reyes , de quen mereceu, para el  e para toda a familia e descendencia, a honra de expedir ao seu favor Reais Cédulas para que se lles gardasen todas as excepcións e privilexios que merecían polos seus destacados servizos.

No museo de Pontevedra hai unha copia das Reais Cedulas, folio 30 r.

Monumento os Navegantes de Pontevedra


"É un dos monumentos máis fermosos da cidade, o máis arquitectónico: un muro de sillares cun transparente no que figuraba orixinalmente o mapa de "Juan De La  Cosa". O seu emprazamento non foi casual: fronte á ría, para que os heroes da navegación aos que rende homenaxe intuísen os camiños que axudaran a abrir. A especulación cegoulle a vista e, a maiores, as intervencións desafortunadas: desapareceu a gran cadea que completaba a áncora dos galeóns de Rande, cambiáronse as letras orixinais de bronce, o relevo foi substituído..."

"A mediados do século XVI o pontevedrés Pedro Sarmiento de Gamboa cumpría 25 anos e xa atravesara o Atlántico. México, Guatemala, as Illas Salomón (participou na primeira expedición que as descubriu) ou Perú foron algúns dos seus destinos nos anos seguintes, nos que non faltaron problemas coa Inquisición. Era un destacado experto en ciencias como a astronomía, cosmógrafo, avezado navegante e posuidor dunha basta cultura, por iso é polo que o seu nome figure por dereito propio no monumento co que Pontevedra rende homenaxe aos pioneiros da navegación.

Situado nos xardíns das Palmeiras, o monumento foi inaugurado o 12 de outubro de 1959. Con vistas á ría figura a inscrición "Los hombres de estas rías que hallaron gloria por los caminos del mar" e na parte posterior os nomes dos navegantes escritos en letras de bronce:

1-Paio Gómez Charino,
2-Alvar Paez de Sotomayor,
3-Alfonso Jofre de Tenorio,
4-Juan da  Nova,
5-Pedro Sarmiento de Gamboa,
6-Gonzalo de Vigo,
7-Bartolomeu e Gonzalo de Nodal,
8-Juan de Matos (Ver Almirantes Matos)
9-Enrique McDonell de Conde,
10-José Gago de Mendoza
11- Casto Méndez Núñez.

O historiador Juan Xoga explica que o polígrafo Xosé Filgueira Valverde "era neses momentos e ata 1969 simultaneamente director do Museo e alcalde e o que fai é compatibilizar ambos os mundos, por exemplo realizando depósitos como o da áncora do monumento para que poidan ser utilizados en espazos urbanos".

A áncora procedía dos galeóns afundidos na batalla de Rande de 1702 e de feito existe unha fotografía onde se ve o ferro depositado nas Ruínas de Santo Domingo, sede inicialmente da Sociedade Arqueolóxica e posteriormente dependente do Museo.
Tamén procedía dos galeóns afundidos en Rande a gran cadea que a completaba e ambas redondeaban o conxunto de sillares e granito. Descoñécese (aínda que algunhas fontes apuntan a Agustín Portela) o autor do deseño, puramente arquitectónico: un muro de sillares de granito que no ángulo superior esquerdo inclúe o relevo dunha carabela.

Debaixo, un van onde figuraba orixinalmente o mapa de Juan de la Cosa e á beira do monumento a áncora exenta coa súa cadea. O mesmo relevo da Carabela que figura no monumento, sen apenas variacións, aparece tamén nun monólito en Baiona e no pedestal da estatua de Colón.

Os pontevedreses aínda lembran a gran cadea que completaba este monumento de cantería en forma de pórtico, pero xa en 1996, cando María das Mercés Galego Esperanza publica "A escultura pública en Pontevedra", ese elemento nin se cita na descrición do conxunto. Tampouco a carta náutica, suplantada na actualidade por uns navíos e un sol de escaso gusto. Non tiveron mellor sorte as letras. Juan Juega  sinala que "con bo gusto, Filgueira Valverde optou por realizar unha composición con cantería e unha áncora exenta, un memorial mirando ao mar para o que utilizou unha letra intemporal". No momento en que Mercedes Galego Esperanza publica o seu estudo sobre a escultura pública só inclúe cinco dos nomes dos navegantes e engade que "seguen cinco nomees ilegibles pola deterioración".
A realidade é que o monumento incluía inicialmente dúas fileiras de nomes escritos en bronce, unha das cales desapareceu. Posteriormente reescribiuse, empregando para iso a letra monacal galega. E os vándalos e as súas pintadas remataron  por redondear a desfeita. Con todo, o peor desastre viría da man da especulación e en apenas dúas décadas o monumento deixou de ver a ría, cegadas as vistas polo cemento; toda unha metáfora da cidade que perdía o mar"

Artigo orixinal: Susana Regueira (no Faro de Vigo)
Traducido o galego por Antonio Ferrer