domingo, 27 de setembro de 2020

Doutor Enrique Marescot Iglesias

 O monumento dedicado ao Doutor  Marescot, atópase situado preto da que foi a súa casa, na parte esquerda do Goberno Civil, nos xardíns que levan o seu nome, diante do que foi a  Maestranza, despois Cuartel de San Fernando e hoxe  Facultade de  Belas Artes.

 Don Enrique  Marescot Iglesias foi un dos pontevedreses máis queridos e venerados en todos os sectores sociais, excelente cirurxián, director do Hospital Provincial, e unha infinidade de cargos máis, que soubo desempeñar con gran certo pero sobre todo como máis se lle lembra é como "o médico dos pobres".

"Moi poucas persoas", lembra décadas despois a súa familia, "saben que estudou a carreira sen libros, xa que carecía da economía suficiente para adquirilos".

Foi auxiliar no Hospital polo exiguo soldo que lle permitía compaxinar o traballo cos estudos de Medicina e o seu irmán Patricio facilitáballe os apuntamentos. Esa intensa vocación, o traballo e tamén as profundas conviccións relixiosas inculcadas polos seus pais serían constantes que o acompañarían durante o resto da súa vida, así como a compaixón polos que, como antes o, son pobres.

A súa familia non o esquece: a primeira vez que pasou consulta foi a un veciño do barrio de San Roque. Contoullo loxicamente satisfeito á súa nai, que despois de escoitalo preguntoulle canto gañara polos seus coñecementos médicos. "El contestoulle con toda naturalidade: como lle ía a cobrar a esa xente se é máis pobre que nós?".

O monumento é obra de Fernando Campo, o busto, os relevos e o escudo son de bronce, a fonte e o pedestal de granito, na parte posterior do mesmo pódese ler: "Ao doutor Enrique  Marescot, que consagrou a súa vida á cirurxía, á práctica do ben e da caridade".

Os relevos son tres, o primeiro representa a medicina, o segundo a caridade e o último a fe.