sábado, 4 de abril de 2020

JUAN RICO GONZALEZ:

Placa en memoria de
 todos os fusilados o 12 de novembro,
 situado
na rúa 12 de novembro,
chamada así na honra deles.
Juan Rico González, nado en Ferrol en 1895 e finado en Pontevedra o 12 de novembro de 1936, foi un militar galego.
TRAXECTORIA
Capitán de Gardas de Asalto, mandaba a 31ª Compañía de Pontevedra. O 16 de xullo de 1936 propuxo ao  gobernador civil Gonzalo Acosta Pan a detención dos xefes militares e dos elementos civís que conspiraban con eles. O gobernador non fixo caso das súas advertencias e enviono o 17 a Vigo, onde o Capitán tiña desprazada unha sección das súas forzas. Rico regresou a Pontevedra o 18, e púxose en contacto coa Fronte Popular. Convocouse unha  reunión das mocidades Socialistas Unificadas e dos partidos da esquerda. Rico arengounos e proporcionoulles as armas da garda municipal e as sobrantes de Asalto. Desautorizado polo goberno, o Capitán interveu as comunicación telefónicas.
Co golpe de Estado o 18 de xullo de 1936 foi detenido e xulgado en consello de guerra sumarísimo o 1 de novembro. Condenado a morte, foi fusilado na estrada de Campaño o 12 de novembro de 1936.   Traballo feito por Manuel A. A. (5ºC - Curso 2019-20). Ver en PDF  -   Artigo relacionado


Xeneral Rubín , o Capitán Xeneral de Galicia en 1917

Antero Rubín Homent, nado en Redondela o 15 de febrero de 1851 e finado en Ourense o 1 de maio de 1935, foi un xeneral político coñecido pola súa longa carreira en Cuba. Loitou na guerra de cuba, foi elexido deputado nas Cortes Xerais polo distrito de Quiroga, en Lugo en 1914 e durante a lexislatura dos anos 1921-1922 foi senador electo pola provincia de Zamora.
Traxectoria
Antero Rubín ingresou de xeito involuntario no exército o 11 de maiode1868 e aos dazaseis anos foi para Cuba co exército, de onde volveu aos poucos anos tras ascender ao rango de tenente. Estudou en Redondela, Vigo, Santiago de Compostela e Pontevedra.
En 1895 volveu a ser enviado a Cuba co Batallón Granada, composto por 700 homes, fixo fronte a insurrección en Potrero las Varas o 24 de setembro de 1895, na que venceu os patriotas cubanos, este triunfo valeulle diversas condecoracións. Unha vez recuperado asumiu as comandancias militares de Cienfuegos e Bayano. Xa no ano 1898 participou en batallas como as de Quemado e Guanacoa. Os días 22, 23 e 24 de xuño tomou parte nas batallas contra os estadounidenses (Batallas das Guásimas). O 1 de xullo presenciou a capitulación de Santiago de Cuba. O 14 de febrero de1898 a raíña rexente María Cristina de Borbón II Sicilias ascendeuno a xeneral de brigada. En 1901 pasaría a gobernador civil de Oviedo. En 1908 foi ascendido  a xeneral de división e dirixiu os gobernos militares de A Coruña, Zaragoza e Bilbao. En decembro de 1916 a tenente xeneral. En 1917 foi nomeado Capitán Xeneral de Galicia e pasou a reserva en 1923. Ver o traballo en PDF  .  Alberto A. A. (5ºC)
Como anécdota: Rercordamos que este xeneral viviu na rúa que hoxe en día leva o seu nome, e o único que queda do seu lar é a gran palmeira  que se atopa xusto onde comezan as casas dos militares preto do CEP CampolongoVera a rúa en Google Maps

- Praza da Veiga - Eduardo Blanco Amor - Luís Braille - Mª Victoria Moreno

No traballo presentado por Iago sobre o rueiro de Pontevedra,  podemos aprender algunhas curiosidades de tres persoeiros/as e dun lugar:
- Praza da Veiga
- Eduardo Blanco Amor
- Luís Braille
- Mª Victoria Moreno

Rueiro de Pontevedra - Avenida de Vigo

Traballo presentado por Iris B. B (4ºA) durante o curso 2019-20

Rueiro de Pontevedra "Loureiro Crespo" - Marta C. G. (4ºC)

Clica na imaxe
Traballo presentado por Marta C. G (4ºC) sobre esta rúa de Pontevedra.

Ver máis rúas