Antero Rubín Homent, nado en Redondela o 15 de febrero de 1851 e finado en Ourense o 1 de maio de 1935, foi un xeneral político coñecido pola súa longa carreira en Cuba. Loitou na guerra de cuba, foi elexido deputado nas Cortes Xerais polo distrito de Quiroga, en Lugo en 1914 e durante a lexislatura dos anos 1921-1922 foi senador electo pola provincia de Zamora.
Traxectoria
Antero Rubín ingresou de xeito involuntario no exército o 11 de maiode1868 e aos dazaseis anos foi para Cuba co exército, de onde volveu aos poucos anos tras ascender ao rango de tenente. Estudou en Redondela, Vigo, Santiago de Compostela e Pontevedra.
En 1895 volveu a ser enviado a Cuba co Batallón Granada, composto por 700 homes, fixo fronte a insurrección en Potrero las Varas o 24 de setembro de 1895, na que venceu os patriotas cubanos, este triunfo valeulle diversas condecoracións. Unha vez recuperado asumiu as comandancias militares de Cienfuegos e Bayano. Xa no ano 1898 participou en batallas como as de Quemado e Guanacoa. Os días 22, 23 e 24 de xuño tomou parte nas batallas contra os estadounidenses (Batallas das Guásimas). O 1 de xullo presenciou a capitulación de Santiago de Cuba. O 14 de febrero de1898 a raíña rexente María Cristina de Borbón II Sicilias ascendeuno a xeneral de brigada. En 1901 pasaría a gobernador civil de Oviedo. En 1908 foi ascendido a xeneral de división e dirixiu os gobernos militares de A Coruña, Zaragoza e Bilbao. En decembro de 1916 a tenente xeneral. En 1917 foi nomeado Capitán Xeneral de Galicia e pasou a reserva en 1923. Ver o traballo en PDF . Alberto A. A. (5ºC)
Como anécdota: Rercordamos que este xeneral viviu na rúa que hoxe en día leva o seu nome, e o único que queda do seu lar é a gran palmeira que se atopa xusto onde comezan as casas dos militares preto do CEP Campolongo. Vera a rúa en Google Maps
Ningún comentario:
Publicar un comentario