martes, 24 de agosto de 2021

Historia do Loro Ravachol

Corría o ano 1880 cando o farmacéutico Perfecto Feijoo voltou de Madrid tras tres anos de prácticas, e decidiu adquirir a botica da rúa Peregrina. A rebotica convertiuse de seguido nun importante punto de tertulia, onde asistirían persoeiros coma Emilia Pardo Bazán, Eugenio Montero Ríos, Práxedes Mateo Sagasta, Pablo Iglesias,ou Miguel de Unamuno. Mantivo unha intensa actividade cultural, sobre todo no eido da música tradicional galega.

O loro Ravachol (bautizado co nome do anarquista francés Ravachol), mascota de Perfecto Feijoo, era moi apreciado na cidade polos seus afamados dialogos e expresións, non sempre correctas, pois era mal falado. Tiña unha chea de frases e expresións, algunhas coma ?se collo a vara?, ?aquí non se fía?, ?vaite de aí, lambón?.

A prensa pontevedresa do 27 de xaneiro de 1913 (en especial El Diario de Pontevedra e La Correspondencia Gallega) faise eco do falecemento o día anterior do loro Ravachol. A morte de tan ilustre persoeiro provoca na sociedade pontevedresa unha profunda sensación de pesar que, unida ao xúbilo propio do tempo carnavalesco, vivido na ciudad sen actos de relevancia, induce a honralo tal como se merecía, organizando un prolongado velorio, os primeros días na botica e despois no local da Sociedad Recreo de Artesanos, e un enterro por todo o alto. Finalmente foi soterrado nunha finca que o boticario tiña en Marcón.

É partir do ano 1985 cando se recupera a súa memoria, organizándose unha incineración da súa efixie para o venres da semana de Entroido. E o venres 19 de febreiro tocou chorar pola morte do loro de máis sona do noso país. Mañá de día de loito. Morreu o loro Ravachol. Choremos todos xuntos

domingo, 8 de agosto de 2021

Federico Cifuentes Pérez

Cando comezou a funcionar o  Colexio Nacional Campolongo (1973-74) estaba de inspector xefe D. Federico Cifuentes Pérez. Parece ser que tivo moito que ver no funcionamento dos  colexios "Centros Pilotos Experimentais" daquela época. En Pontevedra xunto co noso estaba tamén o de Mourente. A filosofía do ensino estivo a cargo da monxa tereana  Doña Mª Jesús Sánchez García, e basábase en parte nos principios pedagóxicos da Educación Personalizada que promovía Victor García de la Hoz.  Imos falar neste artigo deste famoso persoiro:

 Foi, entre outras cousa,  un político español.  (Ávila, 1931 - A Coruña, 2012). Os seus cargos foron:  Primeiro presidente da Deputación Provincial de Pontevedra en democracia, xefe da alta inspección do estado en Galicia, inspector de educación e mestre. Premio "Orde Diego de Losada" en primeira clase. Cruz do Mérito Militar con distintivo branco de Primeira Clase. Diploma da Escola Nacional de Administración Pública de Alcalá de Henares.

Naceu en Ávila en 1931, fillo de Federico e Mercedes, obtivo o título de mestre en Primaria no ano 1947. Cursou estudos de Filosofía e Letras na sección de Pedagoxía na Universidade Complutense de Madrid, promoción de 1956. Inicia a súa actividade profesional como profesor do colexio Santiago Apóstolo de 1957 a 1960. Ingresou por oposición no corpo de Inspección de ensino primario do Estado en 1963, sendo destinado á provincia de Pontevedra.

Contraeu matrimonio no ano 1963 con Mª do Rosario Cordeiro Solís, mestra de educación primaria. Foi secretario da inspección provincial de Pontevedra de 1964 a 1969. En 1969 foi nomeado Inspector Xefe do persoal provincial de Pontevedra, en cuxo cargo permaneceu ata 1976. Neste  mesmo ano foi nomeado director técnico da Cidade Infantil Príncipe Felipe, dependente da Deputación de Pontevedra.

Tomou parte nas eleccións municipais de 1979 polo partido político de Unión de Centro Democrático e o 26 de abril de leste mesmo ano foi elixido Concelleiro do Concello de Pontevedra, Deputado Provincial e Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra ata o ano 1983, no que decide abandonar a política activa e sucédelle no cargo Mariano Rajoy Brey.

No ano 1986 foi nomeado Director da Alta Inspección do Estado en Galicia polo Ministerio de Educación e Ciencia. Xubilouse en 1996. En 1998 foi nomeado membro do Consello Escolar de Galicia polo apartado de "personalidades de recoñecido prestixio no campo da educación" onde permaneceu ata o ano 2000.

Foi delegado provincial de Asociacións e de Cultura; profesor colaborador do Instituto de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela e correspondente do Instituto de Estudos Políticos.   Faleceu na Coruña no ano 2012 aos 81 anos de idade