Foi, entre outras cousa, un político español. (Ávila, 1931 - A Coruña, 2012). Os seus cargos foron: Primeiro presidente da Deputación Provincial de Pontevedra en democracia, xefe da alta inspección do estado en Galicia, inspector de educación e mestre. Premio "Orde Diego de Losada" en primeira clase. Cruz do Mérito Militar con distintivo branco de Primeira Clase. Diploma da Escola Nacional de Administración Pública de Alcalá de Henares.
Naceu en Ávila en 1931, fillo de Federico e Mercedes, obtivo o título de mestre en Primaria no ano 1947. Cursou estudos de Filosofía e Letras na sección de Pedagoxía na Universidade Complutense de Madrid, promoción de 1956. Inicia a súa actividade profesional como profesor do colexio Santiago Apóstolo de 1957 a 1960. Ingresou por oposición no corpo de Inspección de ensino primario do Estado en 1963, sendo destinado á provincia de Pontevedra.
Contraeu matrimonio no ano 1963 con Mª do Rosario Cordeiro Solís, mestra de educación primaria. Foi secretario da inspección provincial de Pontevedra de 1964 a 1969. En 1969 foi nomeado Inspector Xefe do persoal provincial de Pontevedra, en cuxo cargo permaneceu ata 1976. Neste mesmo ano foi nomeado director técnico da Cidade Infantil Príncipe Felipe, dependente da Deputación de Pontevedra.
Tomou parte nas eleccións municipais de 1979 polo partido político de Unión de Centro Democrático e o 26 de abril dese mesmo ano foi elixido Concelleiro do Concello de Pontevedra, Deputado Provincial e Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra ata o ano 1983, no que decide abandonar a política activa e sucédelle no cargo Mariano Rajoy Brey.
No ano 1986 foi nomeado Director da Alta Inspección do Estado en Galicia polo Ministerio de Educación e Ciencia. Xubilouse en 1996. En 1998 foi nomeado membro do Consello Escolar de Galicia polo apartado de "personalidades de recoñecido prestixio no campo da educación" onde permaneceu ata o ano 2000.
Foi delegado provincial de Asociacións e de Cultura; profesor colaborador do Instituto de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela e correspondente do Instituto de Estudos Políticos. Faleceu na Coruña no ano 2012 aos 81 anos de idade
Ningún comentario:
Publicar un comentario