sábado, 4 de abril de 2020

JUAN RICO GONZALEZ:

Placa en memoria de
 todos os fusilados o 12 de novembro,
 situado
na rúa 12 de novembro,
chamada así na honra deles.
Juan Rico González, nado en Ferrol en 1895 e finado en Pontevedra o 12 de novembro de 1936, foi un militar galego.
TRAXECTORIA
Capitán de Gardas de Asalto, mandaba a 31ª Compañía de Pontevedra. O 16 de xullo de 1936 propuxo ao  gobernador civil Gonzalo Acosta Pan a detención dos xefes militares e dos elementos civís que conspiraban con eles. O gobernador non fixo caso das súas advertencias e enviono o 17 a Vigo, onde o Capitán tiña desprazada unha sección das súas forzas. Rico regresou a Pontevedra o 18, e púxose en contacto coa Fronte Popular. Convocouse unha  reunión das mocidades Socialistas Unificadas e dos partidos da esquerda. Rico arengounos e proporcionoulles as armas da garda municipal e as sobrantes de Asalto. Desautorizado polo goberno, o Capitán interveu as comunicación telefónicas.
Co golpe de Estado o 18 de xullo de 1936 foi detenido e xulgado en consello de guerra sumarísimo o 1 de novembro. Condenado a morte, foi fusilado na estrada de Campaño o 12 de novembro de 1936.   Traballo feito por Manuel A. A. (5ºC - Curso 2019-20). Ver en PDF  -   Artigo relacionado


Ningún comentario:

Publicar un comentario