"Xa é posible seguir os pasos de Ruth Matilda Anderson por Galicia en 1924 e 1926. A moza fotógrafa estadounidense fixo un abraiante retrato do país que nos traslada ao pasado. Agora, a Asociación cultural Dous Punto Oito publicou na rede o seu documental A viaxe de Ruth. Dirixido por Jaime Pardo e Xosé Reigosa, o documental segue o fío da propia viaxe da fotógrafa Ruth Matilda Anderson e o seu pai pola Galicia. Con entrevistas a expertos, comparativa entre o escenario das fotos e o actual, entrevistas a descendentes dos protagonistas das imaxes e coidadas recreacións da viaxe, o documental permítenos comprender as circunstancias de elaboración dun dos corpus fotográficos máis importantes da Galicia de principios do século XX. Ruth Matilda Anderson viaxou dúas veces a Galicia, acompañada do seu pai Alfred que tamén era fotógrafo, por encargo da Hispanic Society of America, fundación dirixida por Archer M Huntington."
Ningún comentario:
Publicar un comentario