Jesús Hermida, nos anos 50 bateu récord de España nos 80 metros na fase provincial dos Xogos Escolares. "Fixen unha marca escandalosa naquel momento, posto que o récord estaba en poder do noso paisano Moncho Rodríguez en 9.0" , e eu, en Campolongo, en Pontevedra, nunha pista mala de cinza, fixen 8.7".
Este sorprendente rexistro supúxolle ser chamado a Madrid para integrar unha selección nacional escolar que se mediaría á francesa. Era o ano 1953. Pero tan pronto como chegou á capital, dixéronlle que non crían a marca que conseguira en Pontevedra, o que lle produciu un enfado considerable. "Entón probáronme. Puxéronme a outro velocista, cinco metros antes da miña saída. Eu saía en 80 e el en 75. Saqueille cinco metros máis e marquei en crono 8 segundos 9 décimas. O xuíz daquela proba e seleccionador do equipo nacional, Juan Sastre, veu cara a min e dime: Chaval, amoláchesme. Efectivamente non teño máis remedio que seleccionarte. E sacou do equipo un corredor moi bo, logo amigo meu cando fun a estudar a Madrid, Tuduri, fillo de Andrés Tuduri que foi presidente algúns anos da Federación Española de Atletismo,"
O encontro escolar España-Francia, nas pistas da Cidade Universitaria, finalizou cunha vantaxe de puntos espectacular a favor dos españois: 80 a 30. "En 80 metros", reflectiu a prensa "despois de dúas saídas en falso, foi descualificado noso primeiro sprinter, Hermida, ao que os franceses, nun trazo de deportividade e camaradaría autorizaron a participar.
Clica na imaxe. Traducido do artigo "Jesús Hermida I"
Ningún comentario:
Publicar un comentario