xoves, 14 de abril de 2016

Pasadizo secreto en Andrés Muruais


"O túnel contaba con dúas entradas. Unha no cuarto da caldeira do sanatorio e outra no garaxe da vivenda familiar. Só el o usaba. Tiña un tamaño considerable, duns dous metros de ancho e outros dous metros de alto, e contaba cunha coidada decoración, xa que as súas paredes estaban azulexadas .... "
 REFUXIO DURANTE A GUERRA CIVIL
Celestino Poza Cobas foi ademais un dos grandes referentes do republicanismo en Pontevedra. E iso pasoulle factura tras a Guerra Civil. "Confiscáronllo todo, incluído o diñeiro que tiña no Banco de España", lembra Isidro. Un saqueo que, tal e como lembran outros membros da súa familia, cebouse especialmente co sanatorio. Todo o material médico cirúrxico foi repartido en hospitais privados de Pontevedra e Vigo.

Ler máis en  Pontevedra Viva

Ningún comentario:

Publicar un comentario