Foi esposa de Bibiano Fernández Osorio-Tafall, o primeiro alcalde democrático de Pontevedra, elixido en 1931 coa chegada da II República. A Guerra Civil separounos en 1936, o político acabou exiliándose e a súa muller, á que xamais volveu ver, sufriu nas súas carnes a represión máis dura durante a Guerra e, posteriormente, durante o franquismo. Sufriu, xunto aos seus fillos de pouca idade, arresto domiciliario e mesmo estivo dezaoito meses no cárcere polo simple feito de ser a esposa de Fernández Osorio-Tafall. El faleceu en México en 1999; ela, en Pontevedra no 2003, aos 97 anos. Artigos relacionados: 1. "Es falso que mi madre rechazara el reencuentro ...." - 2. "Que se hayan acordado de mi madre es una alegría ..."
A historia de Josefina Arruti Viaño pódese ler tamén no libro "Os Berros da motocicleta "
Ningún comentario:
Publicar un comentario