Nesta curtametraxe documental, realizada por Arraianos Producións para ACUDE Rural e a Deputación de Pontevedra, divulgase un aspecto moi descoñecido da biografía de Xosé Velo Mosquera, a súa vinculación coa guerrilla antifranquista galega na provincia de Pontevedra durante os anos en que este galeguista histórico vivíu en Vigo, antes de ter que fuxir a Portugal e exiliarse en Venezuela. Un percorrido audiovisual dirixido por Aser Álvarez e Nadia Sniba, con animacións de Aldán Delgado e con banda sonora orixinal de Sindo Otero Badás, musicando un poema inédito de Xosé Velo Mosquera.
Ningún comentario:
Publicar un comentario