Doutores, políticos, escritores, arquitectos, descubridores, intelectuais, nobres, militares... O rueiro de Pontevedra está cheo de homes ilustres cuxos nomes sobreviviron á súa xeración e conseguiron facerse un oco nas páxinas da historia. Con todo, ese mesmo mapa da capital apenas tivo en conta ás mulleres. Das 365 rúas, avenidas, paseos e prazas que compoñen a guía da cidade, tan só 19 están dedicados a elas. A comparación é aínda máis desigual se temos en conta que deses 19 nomes femininos, oito pertencen a santas e virxes.
A maior parte das nomenclaturas datan dunha época na que as mulleres non tiñan acceso a cargos relevantes e nin sequera podían aspirar a desenvolver actividades máis aló do ámbito doméstico ao que estaban relegadas. Se embargo, as rúas de nova creación tampouco saldaron esa débeda co xénero feminino.
A concelleira de Igualdade, Carmen Fouces, explica que o criterio que segue a Administración municipal para designar os viarios que se van sumando ao centro urbano pasa por utilizar os topónimos tradicionais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario