O Pazo en Pontevedra |
Sábese, entre outras cousas, grazas ao estudo dos seus brasóns, que o Pazo de Campolongo, tamén coñecido como "Pazo dos Marqueses de Leis" ou de "Paco Leis" pertenceu desde o século XVI a varias familias emblemáticas de Pontevedra (De la Vega, Cruu, Salazar, Figueroa, Montenegro e Mendoza).
Converteuse en 1943, baixo a ditadura do xeneral Franco, na delegación do "Frente de Xuventudes".
Na súa enorme leira construíronse a finais dos anos corenta unas das mellores instalacións deportivas de Galicia. (Ver record de España en Campolongo). Competía coas de Balaídos en Vigo e Riazor na Coruña. A súa vinculación co mundo do deporte non caería no esquecemento, porque as súas pistas deportivas convertéronse xa a medidos do século XX en berce dalgúns dos mellores deportistas da época .
O Pazo na Casa de Campo en Madrid |
A principios dos 60 e coa urbanización de Campolongo, por orden do usurpador de patrimonios, o Pazo foi trasladado a Madrid, pedra a pedra, como pavillón de Pontevedra na Feira do Campo, que se celebraría na capital de España ata inicios dos setenta. Desde entón o Pazo, ou o que queda del, pasou por varias fases e nos últimos anos albergou un restaurante co “ enxebre”; nome de “A Casiña”.
A súa ubicación en Campolongo (Pontevedra) sería onde esta hoxe o Instituto Nacional de Estatística .
Ningún comentario:
Publicar un comentario