Mestra en Campolongo |
Aurora Vidal Martínez nace en Pontevedra o 28 de agosto do ano 1910. Estuda maxisterio en 1931, cursa o Grado Profesional e exerce o ensino como maestra dezmilista en diversos destinos de Galicia, Castellón e Canarias.
Foi nos anos corenta cando Aurora Vidal Martínez (1910- 2005) comezou de xeito activo a súa carreira como escritora na cidade do Lérez. Alí trabou amizade con escritores e intelectuais de renome, entre eles o propio Álvaro Cunqueiro, Xosé F. Filgueira Valverde ou Herminia Fariña.
No ano 2010, centenario do seu aniversario, tanto o Concello de Pontevedra como o CEP Campolongo, colexio onde se xubilou, fixéronlle unha pequena homenaxe. O Concello cunha placa na casa onde vivía e o colexio cunha exposición dos seus libros e traballos dalgúns dos seus poemas. Ver na revista (páxinas 72-73). Ler máis
Ningún comentario:
Publicar un comentario