![]() |
Cárcere/Audiencia |
![]() |
A Parda até 1991 |
![]() |
Torre e Cárcere Vello |
Unha nova época ábrese coa invasión inglesa de 1719, que ocasiona a destrución doutros edificios públicos da vila, como a Maestranza (actual edificio de Belas Artes). O novo cárcere exponse en 1750. Desta nova etapa posúese o contrato de construción da nova prisión, formalizada en 1750, entre o rexemento, o apoderado arzobispal e o maestre de obras Pedro Antonio Ferreira, documento localizado nos fondos do Arquivo Histórico Provincial por Antonio Gil Alcántara.
Os planos que se achegan no prego de condicións presentan un edificio presidido por unha torre de dous pisos: o inferior ocupado por un arco que servía de porta á muralla; na parte superior, a capela. No chan, un rexistro para que os presos poidan atender á misa sen moverse do seu calabozo. Aos lados dunha xanela central, os escudos da vila e do arcebispo. Un corpo anexo fai a función de cárcere da cidade.
O maestre Pedro Antonio Ferreira dá conta ao concello, en novembro de 1753, de acabar a obra e solicitar o seu recoñecemento. Pouco despois o maestre Ferreira expón o excesivo gasto que tiveron as obras, basicamente polas levadas a cabo no estaleiro de Ferrol.
A obra de Ferreira tampouco estaba destinada a perpetuarse. Posiblemente o Camiño Real desde Compostela a Pontesampaio, emprendido polo arcebispo Malvar, que altera totalmente a ponte do Burgo, afecte ao cárcere. Tamén na súa ruína participaría a francesada, ao parapetarse os invasores dos campesiños en Cotobade. O certo é que, superada a contenda, en 1826, o xuíz do partido xudicial ratifica o seu mal estado. A cancelación do réxime señorial nas Cortes de Cádiz traspasou o réxime penal á xustiza estatal. Neste ambiente aprobouse pola Real Academia de San Fernando un proxecto presentado por Melchor de Prado, en 1816, que non foi levado a cabo.
![]() |
Actual prisión de A Lama |
Parte do artigo foi copiado e traducido do xornal "Faro de Vigo" dun artigo de Juan Juega
Ningún comentario:
Publicar un comentario