Foi esposa de Bibiano Fernández Osorio-Tafall, o primeiro alcalde democrático de Pontevedra, elixido en 1931 coa chegada da II República. A Guerra Civil separounos en 1936, o político acabou exiliándose e a súa muller, á que xamais volveu ver, sufriu nas súas carnes a represión máis dura durante a Guerra e, posteriormente, durante o franquismo. Sufriu, xunto aos seus fillos de pouca idade, arresto domiciliario e mesmo estivo dezaoito meses no cárcere polo simple feito de ser a esposa de Fernández Osorio-Tafall. El faleceu en México en 1999; ela, en Pontevedra no 2003, aos 97 anos. Artigos relacionados: 1. "Es falso que mi madre rechazara el reencuentro ...." - 2. "Que se hayan acordado de mi madre es una alegría ..." mércores, 25 de novembro de 2020
Josefina Arruti Viaño
Foi esposa de Bibiano Fernández Osorio-Tafall, o primeiro alcalde democrático de Pontevedra, elixido en 1931 coa chegada da II República. A Guerra Civil separounos en 1936, o político acabou exiliándose e a súa muller, á que xamais volveu ver, sufriu nas súas carnes a represión máis dura durante a Guerra e, posteriormente, durante o franquismo. Sufriu, xunto aos seus fillos de pouca idade, arresto domiciliario e mesmo estivo dezaoito meses no cárcere polo simple feito de ser a esposa de Fernández Osorio-Tafall. El faleceu en México en 1999; ela, en Pontevedra no 2003, aos 97 anos. Artigos relacionados: 1. "Es falso que mi madre rechazara el reencuentro ...." - 2. "Que se hayan acordado de mi madre es una alegría ..." domingo, 27 de setembro de 2020
Doutor Enrique Marescot Iglesias
Don Enrique Marescot Iglesias foi un dos pontevedreses máis queridos e venerados en todos os sectores sociais, excelente cirurxián, director do Hospital Provincial, e unha infinidade de cargos máis, que soubo desempeñar con gran certo pero sobre todo como máis se lle lembra é como "o médico dos pobres".
"Moi poucas persoas", lembra décadas despois a súa familia, "saben que estudou a carreira sen libros, xa que carecía da economía suficiente para adquirilos".
Foi auxiliar no Hospital polo exiguo soldo que lle permitía compaxinar o traballo cos estudos de Medicina e o seu irmán Patricio facilitáballe os apuntamentos. Esa intensa vocación, o traballo e tamén as profundas conviccións relixiosas inculcadas polos seus pais serían constantes que o acompañarían durante o resto da súa vida, así como a compaixón polos que, como antes o, son pobres.
A súa familia non o esquece: a primeira vez que pasou consulta foi a un veciño do barrio de San Roque. Contoullo loxicamente satisfeito á súa nai, que despois de escoitalo preguntoulle canto gañara polos seus coñecementos médicos. "El contestoulle con toda naturalidade: como lle ía a cobrar a esa xente se é máis pobre que nós?".
O monumento é obra de Fernando Campo, o busto, os relevos e o escudo son de bronce, a fonte e o pedestal de granito, na parte posterior do mesmo pódese ler: "Ao doutor Enrique Marescot, que consagrou a súa vida á cirurxía, á práctica do ben e da caridade".
Os relevos son tres, o primeiro representa a medicina, o segundo a caridade e o último a fe.
mércores, 19 de agosto de 2020
Evolución da Ponte do Burgo - Unha viaxe de 800 anos
![]() |
| Postal da Ponte do Burgo de Pontevedra, onde se atopaba un dos fielatos máis conflitivos do motín de 1892. |
![]() |
| 2020 |
![]() |
| Evolución |
CADA VEZ MÁIS CEGA. Orixinariamente a ponte non chegaba aos 300 m, entre os estribos e a parte central. Os ensanches da vila e a procura de maior calado nun río cada vez máis cheo de sedimentos fóron obrigando a cegala cada vez máis.
NOVA INFRAESTRUTURA. O reino precisaba infraestruturas viarias para a loxística comercial dos novos portos que se ían creando. O camiño natural da depresión meridiana servía de novo para comunicarnos de norte a sur.
![]() |
| Foto Zagala - 1885 |
ADEUS AO PETRIL. As duras inclemencias meteorolóxicas entre 1571 e 1640 (que algúns autores chamaron “pequena idade glaciar”) contribuiron a cegar e deteriorar a ponte debido aos arrastres en suspensión. Tanto foi así que en novembro de 1658 derrubouse o petril para que a auga circulase libremente sobre a ponte.
O BALDI. Sobre 1570 o mestre Mateo López acometera unha reforma, que foi a que inmortalizou Pier María Baldi en 1669 aproveitando a viaxe de Cosme III de Médicis. Entón tiña 12 arcos, os mesmos que cando en 1697 alguén describe as medidas da ponte: 158 m de longo e 3,75 de ancho.
DOCE ARCOS NO SÉCULO XVIII. En 1719 os ingleses ocuparon Pontevedra durante 10 días. Ao abandonar a cidade destrúen as torres da ponte e o edificio da cadea, que reedifican en 1750. Nese momento, o Padre Sarmiento fala dunha ponte de construción moderna de 12 arcos.
ADEUS AO CASTELIÑO. En 1780 o arcebispo Malvar impulsa o camiño real entre Ponte Valga e Ponte Sampaio, o que supuxo o ensanche da ponte dous metros, derrubando o casteliño de entrada desde O Burgo e a propia torre da ponte.
BARANDA METÁLICA. -En 1890 volve a retirarse o petril de pedra e instalarse unha baranda metálica e incorpórase un voladizo sobre canzorriños. En 1904 faise un novo malecón e desaparecen totalmente os restos da cadea. Pouco despois, en 1915, substitúese a lousa da calzada por lastro. A historia da ponte e as súas ampliacións, chega en 2018 a un novo chanzo evolutivo. Recupera a súa camiñabilidade e incorpora elementos tan contemporáneos como a luz, convertíndose nun destacado monumento urbano que exhibirá o seu valor as 24 horas do día.
| 1954 |
As excavacións no cabeceiro sur da Ponte do Burgo
| Arco cego do portuario |
Na escavación de 2006, os arqueólogos atoparon dous miliarios, un máis novo, de principios do século IV e dedicado ao emperador Maximino II, e o outro é da época do emperador Nerva, século I. Unha das estruturas máis interesantes foi o malecón portuario do século XV, un primeiro avance da cidade sobre o río. Contaba cun senlleiro arco apuntado cego. Algúns pilotes de madeira (que hoxe están protexidos por tubos de plástico) servían de soporte a unha estrutura de madeira sobre a que se realizaban os labores de estiba. Tamén fóron aparecendo restos de cerámica, sobre todo de entre os séculos XV e XVI de procedencias tan lonxanas como Sevilla, Valencia, así como moedas da época de Enrique IV ou dos Reis Católicos. Outros muros dos que as escavacións deron noticia fóron os da seguinte ampliación do peirao, no século XVI, así coma alicerces da Porta da Ponte e o seu cárcere anexo. Un camiño exterior construido con lousas de granito datouse entre os séculos XVII e XVIII, e chegou a nós perfectamente conservado.
Máis recentes son os alicerces da antiga praza de abastos, do século XIX, no solar que ocuparan a cadea e a torre da ponte. En 2006 aprovietouse a escavación para facer partícipe a veciñas e veciños dos valores da historia e a arqueoloxía, adaptando por medio de andamios o espazo escavado para explicar este interesante quilómetro cero de Pontevedra.
O mercado ou "Praza de abastos"
O cabeceiro sur da Ponte do Burgo
A cabeceira sur da Ponte, a que toca a cidade, estivo ocupada por varios edificios ao longo do tempo. A cadea é un dos máis significativos, xa que ocupaba as prantas superiores do arco de entrada.
A fins do século XV está documentado que existía unha porta cun terreo baleiro anexo pola súa esquerda. Supónse que a porta de entrada á cidade tería un corpo defensivo superior.
Tanto a ponte como a cadea deberon ser reformados entre os séculos XVII e XVIII, e derrubados polos ingleses en 1719. En 1750 constrúese un novo complexo de porta e cadea, que tampouco dura moito.
A mediados do século XIX xa non aparece a torre nen a porta da ponte, aínda que sí o edificio anexo. Suponse que se debeu á ampliación do camiño de Santiago a Pontesampaio impulsada polo Arcebispo Malvar, e tamén á invasión francesa de 1809. A mediados do XIX trasládase ao Campo de San Xosé, onde hoxe se levanta a Audiencia.
A muralla de Pontevedra
Entre a fundación da cidade perto daquela vella ponte romana, no século XII, e o século XV, vai desenvolvéndose a muralla, con clara función defensiva. Ao longo dos séculos e tras batallas nobiliarias, pestes, pocas de prosperidade e revolucións como a Irmandiña, a muralla vai ampliándose cara ao leste, mantendo a parte máis alta, Santa María, como vixía do último treito do Lérez.





