Na acta municipal do 5 de marzo de 1884 pódese ler coma “unha das melloras que máis imperiosamente reclama a poboación é sen dúbida a construción dunha Praza de Abastos que satisfaga os intereses públicos, non só polo que toca a vida e comodidade, senón tamén a hixiene e salubridade”. Unha demanda que foi satisfeita en 1885, cando se aproba e executa o proxecto encargado a Sesmero dun
mercado cuberto. O emprazamento escollido foi o solar ocupado polo vello cárcere.
Na imaxe de abaixo podemos ver o actual Mercado. Vese que houbo un pequeno desprazamento con respecto á primera ubicación.
Actualmente no segundo andar está preparado con distintos negocios para tomar ben unha cervexa do país como unhas tapas da diferente gastronomía galega.
Ningún comentario:
Publicar un comentario