Segundo explica Xesús Portas Ferro, “en case todos os documentos latinos dos séculos XII e XIII, o nome da vila aparece nas formas Ponteveteri e Ponte Veteri” porque os escribáns estaban calcando no seu latín unha construción romance herdada do latín vulgar. Ademais, engade que “nos documentos escritos en galego aparece soamente a forma romance Pontevedra” e, de feito, na lingua falada “o burgo nunca tivo outro nome ca o de Pontevedra”.
O topónimo Pontevedra deriva do latín PONTEM VETERAM, que significa “a ponte vella”. Refírese, polo tanto, a unha ponte que xa era antiga cando lle deron ese nome que chegou ata nós.
A orixe do nome Lérez é un misterio. Aparece con pequenas variantes en textos medievais, xa desde o século X (910, 916…). Sabemos que vén de moi antigo e sabemos que non ten orixe no latín. É case seguro que forma parte do herdo que chegou ata nós desde as linguas indoeuropeas, anteriores ao latín.
Outras Pontevedras en Negreira e na Gudiña. Ámbalas dúas preto de leitos fluviais. A primeira a uns metros do río Tambre e a segunda á beira do Pereiro. Artigos relacionados: Turoqua e a Vía XIX - A fundación da cidade de Pontevedra -
Ningún comentario:
Publicar un comentario